Blogue de gladys.enriquez

ORGANIZACIÓN XANEIRO

O NADAL NO COLE

Poñemos fin a este primeiro trimestre levando a mochila xa cargada de experiencias, aprendizaxes e anécdotas. Iniciamos as desexadas vacacións con novas expectativas para o curso, poñendo toda a ilusión en facer deste ano unha aventura memorable.

Nestes días aconsellamos descansar, desfrutar e xogar moito; sen esquecer a lectura e os pequenos tempos de repaso do aprendido.

Volveremos con todas as ganas!

Clicade na seguinte imaxe para ver as fotos e vídeos destas xornadas, apertas e felices festas!

MENÚS DE XANEIRO, FEBREIRO E MARZO

FESTA DE NADAL

O vindeiro xoves, 21 de decembro, poñeremos fin ao primeiro trimestre iniciando así as esperadas vacacións de nadal. Temos moito que celebrar, por iso teremos organizado unha pequena festa que contará coas seguintes actividades:

  • Taller de nadal: manualidades e xogos.
  • Merenda cos compañeiros/as do PAI: ademais de deleitarnos con doces, cantaremos unha canción aos nenos e nenas do PAI. (Non será necesario traer merenda).
  • Contacontos navideño: visitaranos un familiar para ler o conto "ENREDO NO NADAL".
  • Campañadas no cole: cerraremos este trimestre cunhas campanadas, desexando todo o bon para o 2024.

Unha semana navideña

Conta atrás para as vacacións!

Que semana tan bonita vivimos no cole, veredes no resumo o momento de decorar a nosa árbore e os recantiños do centro.

Tamén foi moi especial por recibir a unha nova compañeira, Jhana, que inicia a súa etapa de primaria no primeiro curso.
Benvida ela e a súa familia!

Para ver os decorativos e o resumo da semana, clicade na seguinte imaxe:

CONCERTO DIDÁCTICO: MÚSICA E EVOLUCIÓN

O pasado venres, 1 de decembro, recibimos a visita de Rosa e Pablo para deleitarnos cun concerto didáctico inspirado nos instrumentos tradicionais e artesanais. 

Neste concerto mostraron 43 instrumentos musicais galegos diferentes, usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos. É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.

Explicaron como se desenvolvían as vidas musicais de nenos e de nenas dentro da nosa cultura tradicional. Tamén explicaron os comportamentos musicais dos adultos e exploraron a súa importancia para o mantemento das nosas sociedades. Abordaron as últimas teorías sobre á aparición e importancia da música na especie humana, como a da musilingua ou a influenza do desenvolvemento fetal.

Expuxeron a súa teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais a través da comparación dos instrumentos que fabricaban e tocaban os nosos nenos/as e os achados nas escavacións paleolíticas. Tamén afondaron e recalcaron a enorme importancia das mulleres na música humana, na organización das nosas sociedades antes do patriarcado e na xeración de cohesión social a través da música que elas facían.

Foi un pracer enorme, quedando con ganas de repetir unha actividade chea de lecer e aprendizaxe.

Podedes acceder aos arquivos multimedia clicando na seguinte imaxe:

MENÚ DECEMBRO 2023

MENÚ DE DECEMBRO

CALENDARIO DECEMBRO

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer