Novas
ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Lun, 29/06/2020 - 11:58Todas as solicitudes de admisión presentadas neste centro foron aprobadas. A resolución definitiva podedes atopala nos anexos desta entrada así como tamén no taboleiro de anuncios do centro.
A data para a formalización da matrícula comprende do día 1 ata o 10 de xullo.
Recordade presentar no centro toda aquela documentación que se vos solicitou e non foi entregada no momento de realización do procedemento de admisión.
Un saúdo
Actividades
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 14:08Bo día. Deixo a vosa disposición as seguintes actividades para a etapa de educación infantil.
Alumnado 3 anos:
-Actividades variadas 3 anos( arquivo adxunto).
-Ideas de actividades manipulativas:https://www.pequeocio.com/aprender-numeros-montessori-ideas-caseras/
-Materiais de impresión:
Nova axuda para o comedor
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2020 - 18:01O vindeiro luns publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-garutítos de comedor escolar que esten en situación de vulnerabilidade.
A solicitude ten como data límite de presentación o día 6 de abril e debe ser tramitada polas familias mediante vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.
Recursos para todas as idades
Enviado por Anónimo o Mér, 25/03/2020 - 13:53Bo día!!
Nestes días de encerro, debemos evitar caer na monotonía e no aburrimento polo que deixo a vosa disposición o seguinte enlace( http://aulasgalegas.org/) no cal poderedes atopar múltiples recursos para todos os niveis académicos.
IMPORTANTE: Período de admisión curso 2020/2021
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 14:44Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19