Nova axuda para o comedor

O vindeiro luns  publicarase no  Diario Oficial de Galicia a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-garutítos de comedor escolar que esten en situación de vulnerabilidade.

A solicitude ten como data límite de presentación o día 6 de abril e  debe ser tramitada polas familias mediante vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. 

No caso daquelas familias que teñan algunha dificultade para poder pedila mediante esa vía deben facilitarlle á dirección do centro os seguintes datos mediante correo electrónico:

    -DNI da persoa representante legal do alumno.

    -Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

    -Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/as

    -Número da conta bancaria na que quere que se reciba o aboamento da axuda.

 

Un saúdo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer