Dependencias

A NOVA BIBLIOTECA

Álbum: Melloras -> Biblioteca

Transformando o noso patio

Din que non fai falta moito para ser feliz e no noso caso bastou que mediasen unhas brochas e un pouco de pintura para gozar dunha tarde compartida coas familias, dispostas a arrimar o ombreiro sempre que fai falla. Deste xeito, o noso traballo servirá para dinamizar un patio amplo e con moitas posibilidades.

Principais dependencias do centro.

As principais dependencias de dentro do centro son: - No andar inferior: aula de Educación Infantil, sala de mestres,despacho de secretaría e dirección, comedor e cociña, aseos de alunos e alumnas e aseos de mestres. - No andar superior: aula de Educación Primaria, aula de inglés e Relixión, biblioteca e aula de psicomotricidade. No exterior contamos cun patio cuberto, unha zona de campo descuberta e un polideportivo, que son as zonas de lecer.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer