Actividades da aula

TRABALLAMOS NA HORTA

Álbum: Curso 2021/2022 -> Traballamos na horta

INTERCAMBIAMOS CORREOS ELECTRÓNICOS CON AUSTRALIA

IT´S SUMMER TIME!

Ola bloguei@s:

    Xa estamos encamiñando a recta final deste curso e as vacacións de verán están casi ao alcance da man... así que so nos queda planificar o que nos apetece facer neste tempo de lecer tan merecido, despois do esforzo extra que supuxo este curioso curso escolar co que nos tocou lidiar este ano.

Observatorio de constelacións

Boa noite familias!!

O prometido é deuda e velaquí vos presento a actividade que comezamos o pasado venres... o noso observatorio de constelacións!! Imos a comezar recordando o material que empregaremos.

Actividades relacionadas co noso proxecto de aula

Bo día familias!!

Hoxe rematei o astronauta que comezamos a facer na aula antes do estado de alarma e xa pasou a formar parte do noso recanto. Como só fixemos un para toda a aula, decidín facilitarvos o seguinte arquivo a través do cal poderedes crear un astronauta axudándovos para iso de arandelas.

astronauta

MEANS OF TRANSPORT III

Ola de novo bloguei@as: 

  Seguimos coa serie dos Medios de Transporte, e para continuar poño a vosa disposición algúns medios máis que podedes incluir no voso poster, se que ainda tedes espacio dispoñible.. En caso contrario podemos facer outro poster a xeito de continuación do anterior.

MEANS OF TRANSPORT II

Ola de novo blogueir@s!

   Esta semana continuaremos a falar dos medios de transporte, os cales teñen unha grande relevancia non so para a nosa mobilidade persoal, senón tamén para o transporte dos produtos que consumimos a diario e que soen ser cultivados ou elaborados en lugares máis ou menos distantes do noso lugar de residencia. 

Actividades Relixión Católica do 8 ao 19 de xuño

Bo día, xa queda moi pouquiño para rematar este curso. Aquí vos deixo as recomendacións para estas semanas.

Agradecervos a tod@s o esforzo realizado nesta situación tan complicada que nos tocou vivir. Especialmente felicitar aos nenos e nenas que tan ben o fixeron.

Un forte abrazo, Marcos.

MEANS OF TRANSPORT

Ola blogueir@s: 

   Agora que a partir da próxima semana -se todo vai como estaba previsto- xa nos poderemos mover con maior liberdade e coller o coche para trasladarnos dun lugar a outro, incluso fora da nosa provincia, imos aproveitar para falar dos Medios de Transporte.

IOGA EN FAMILIA

Ola blogueir@s!

  Imos seguir recomendando as virtudes do ioga como exercicio que cumpre con dúas finalidades: pode ser unha actividade relaxante, que nos axude a desestresarnos depois da nosa xornada laboral; e ao mesmo tempo vigorizante, ao tonificar e exercitar músculos e articulacións dun xeito menos agresivo do que algúns deportes.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer