Blogue de gladys.enriquez
CELEBRAMOS OS CUMPLES DE VERÁN
Enviado por gladys.enriquez o Sáb, 22/06/2024 - 22:37A nosa pequena familia celebrou os cumples do nenos e nenas que cumplen no verán. Parabéns!
UN DÍA SOBRE RODAS!
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 16/06/2024 - 19:35O pasado venres, 14 de xuño, tivemos o privilexio de recibir na nosa escola ao Club de Ciclismo Terra Chá. Foi unha experiencia única e educativa na que os nosos estudantes puideron coñecer en profundidade o desenvolvemento do ciclismo como deporte.
Queremos agradecer ao Concello por facer posible esta actividade. Estendemos o noso agradecemento ao Club pola súa visita, a súa dedicación e o entusiasmo co que compartiron os seus coñecementos e experiencias.
Grazas a todos por facer deste día unha experiencia inesquecible para os nosos estudantes. Esperamos poder seguir colaborando no futuro e continuar promovendo o deporte e a educación na nosa comunidade.
A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN VIAL: CHARLAS FORMATIVAS
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 16/06/2024 - 19:11O pasado luns, 10 de xuño, tivemos a honra de recibir na nosa escola a dous profesionais comprometidos coa seguridade viaria: un garda civil e unha traballadora da Xefatura de Tráfico. A súa visita foi unha oportunidade invaluable para os nosos estudantes, aprendendo sobre a importancia da educación viaria dunha maneira práctica e próxima.
XORNADA CO CB AS PONTES
Enviado por gladys.enriquez o Dom, 09/06/2024 - 21:05ENTREGA DOS BOLETÍNS DE AVALIACIÓN
Enviado por gladys.enriquez o Xov, 06/06/2024 - 11:34Neste curso académico aplicaranse as novas lexislativas, levando a cabo a última sesión de avaliación ao finalizar o período lectivo do curso académico.
Desta maneira, a recollida dos boletíns será o 26 de xuño dende as 10:00 ata as 12:00.