Blogue de gladys.enriquez

ESPECTÁCULO TEATRAL: A CAIXA SEN PANDORA

Comprácenos anunciar a visita da compañía de teatro "Ghazafelhos" para representar a obra "A caixa sen pandora". Este espectáculo terá lugar o 8 de marzo, ás 10:30, para conmemorar o día da Muller. Está aberto a todos os públicos, invitándovos a compartir con nós esta actividade de aprendizaxe e lecer.  

"A Caixa sen Pandora" é unha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón unha pregunta: que pasaría se Pandora non abrira a caixa? De aquí parte un repaso divertido de mulleres que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade, e rematamos cunha nova pregunta, quereremos nós abrir a nosa propia caixa? 

Esperámosvos!

 

 

DÍA ROSALÍA DE CASTRO

ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2024/2025

AS GORRAS DO CEIP DE MURAS

Esta semana a ANPA obsequioulle aos nosos nenos e nenas unhas gorras personalizadas. Nelas están ilustradas os tres eixes deste centro: a Comunidade Educativa, a ANPA e o Concello.

Agradecemos a posibilidade de facer realidade unha idea como esta.

Estamos desexando estrealas!

OS NOSOS RECANTOS

A nosa pequena escola alberga todo un mundo de emocións, experiencias e aprendizaxes únicos. Son varios os factores que fan posible esta forma de traballo, pero hoxe queremos compartir un dos protagonistas: os recantos lúdicos e de aprendizaxe.

Esta forma de organización facilita o desenvolvemento de hábitos esenciais, cumprindo as normas e o desenvolvemento da autonomía. Son espazos delimitados que están cubertos con diversos materiais, relacionados coa área de cada recuncho. 

A través do xogo nos diferentes rincóns, os nenos e as nenas adquiren diferentes habilidades sociais, motoras, intelectuais e lingüísticas. Neles emprégase unha metodoloxía activa que lles permite ser os constructores da súa propia aprendizaxe.

No noso cole xa están en funcionamento os seguintes recunchos:

CIENCIA Á FEIRA: A XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA

Despois de recibir o segundo obradoiro de Ciencia á Feira, chegou ao cole un período de reflexión sobre a xestión eficaz da auga. O noso alumnado recibiu unha charla formativa repleta de coñecementos útiles e prácticos! 

Agardamos con ansia o derradeiro taller!

VOLTA "CIENCIA Á FEIRA" con XuvenCiencia

Este venres, 16 de febreiro, volve XuvenCiencia ao noso cole para continuar cos obradoiros de Ciencia á Fiera. Neste trimestre coñeceremos a importancia da auga como recursos natural, resaltando a súa xestión eficaz e sostible.

Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderán de maneira conxunta e dinámica, aplicando estes coñecementos na súa vida diaria. Desexando que chegue o día!

 

O ENTROIDO NO COLEXIO

Finalizamos unha das semanas máis divertida do ano, a do entroido! Foron uns días repletos de risas e troula, cargados de moita ilusión por preparar o festival.

Grazas a todos por participar e por deixar no recordo un momento inesquecible.

Clicando na seguinte imaxe, poderedes acceder aos arquivos multimedia.

AVISO FESTIVAL DE ENTROIDO

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz. Iniciamos esta xornada coñecendo a orixe desta conmemoración, seguindo como fío condutor a historia de Sadako e as mil grullas de papel.

Foi un día xenial, cheo de reflexión e novas aprendizaxes.

 

 

Diseño de Gladys

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer