Blogue de gladys.enriquez

XORNADA DE RUGBY CO CLUB FENDETESTAS

O pasado venres visitounos o club de rugby Fendetestas, das Pontes, para darnos a coñecer o seu deporte. Pasámolo xenial, agardamos repetir pronto!

Moitas grazas ao club e aos organizadores!

Organización xuño

INICIO XORNADA CONTINUA

VISITA AO CEIPP A FRAGA

O pasado venres vivimos unha das experiencias máis máxicas. A visita ao cole da Fraga foi toda unha aventura, cargando a nosa mochila de novos recordos.

Grazas aos mestres/as e aos nenos/as por acollernos cos brazos abertos. Sen esquecer a colaboración do noso Concello por facer posible esta actividade. 

Repetimos?

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024/2025

 

Enviamos a nosa carta ao CEIPP A Fraga

Nuns días poñeremos rumbo ao CEIPP A Fraga para coñecer aos nosos compis das Pontes, pero antes deixamos enviada a nosa carta coas presentacións dos pequenos trotamundos.

A carteira do noso Concello visitou o cole para recoller o paquete, que entregamos con moitísima ilusión!

Visita da banda Axóuxere

RECIBIMOS Á BANDA AXÓUXERE!

O pasado mércores, 15 de maio, sacamos as nosas facetas musicais para conmemorar as Letras Galegas. A banda Axóuxere visitou o noso cole e xuntos bailamos e tocamos pezas da cultura e tradición galega.

Encantounos, esperamos repetir pronto!

 

Para ver máis fotos deste día, clicade AQUÍ

OLA NENOS E NENAS DO CEIPP A FRAGA!

Compartimos con todos vós a presentación que fixeron os nosos nenos e nenas para o alumnado do CEIPP A FRAGA. Neste proxecto intercentro, que culminará coa visita ao colexio das Pontes, traballaremos a importancia da convivencia positiva e as relacións interpersoais. 

Estamos desexando coñecer aos compis veciños!

 

FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO.

OBRADOIRO de Micorrizas (fungos-raíces) e de Microenxertos.

Rematamos as charlas organizadas por XuvenCiencia da mellor maneira!
Con cada obradoiro adquirimos coñecementos prácticos e esenciais para o noso día a día, aprendendo de maneira dinámica e significativa.
Encantounos!

Grazas aos organizadores por achegar á escola rural esta gran oportunidade. Agardamos novas edicións de Ciencia á Feira.

DERRADEIRO OBRADOIRO DE "CIENCIA Á FEIRA" con XuvenCiencia

Este xoves, 9 de maio, volve XuvenCiencia ao noso cole para continuar cos obradoiros de Ciencia á Fiera. Neste trimestre coñeceremos a importancia das Microrrizas e dos Microenxertos, ferramentas de producción vexetal

Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderán de maneira conxunta e dinámica, aplicando estes coñecementos na súa vida diaria. Desexando que chegue o día!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer