Blogue de gladys.enriquez

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Na seguinte presentación poderedes atopar toda a información.

 

 

MENÚS DO 3º TRIMESTRE

VISITA AO CASTELO DE SAN PAIO DE NARLA

O pasado xoves, 14 de marzo, puxemos rumbo a Friol para coñecer o castelo de San Paio de Narla. Podedes coñecer a nosa aventura vendo o seguinte vídeo e acceder ao arquivo multimedia clicando aquí.

Aproveitamos para agradecer o apoio da ANPA nesta actividade, na que estreamos as nosas gorras! 

Cal será o seguinte destino?

 

O ANIVERSARIO DE XOEL

A nosa pequena familia celebrou o cumple de Xoel, dándolle a benvida aos seus 4 aniños. 

Para ver as fotos deste día, clicade aquí.

 

SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER

Velaquí o resultado dunha semana dedicada á prensa e á muller. Os nosos nenos e nenas presentan " A Voz de Muras", un telexornal no que cada noticia destaca unha muller inspiradora, celebrando as súas historias e logros. Xuntos, mostran o seu compromiso coa igualdade e o empoderamento das mulleres.

Pechamos así unha das conmemoracións máis importantes do calendario académico, seguimos traballando!

Para ter acceso ao vídeo e poder descargalo, facede clic aquí.

PRENSA, PRENSA!

Esta semana celebramos dúas das grandes conmemoracións do calendario escolar: a Semana da Prensa e o Día da Muller. Con este motivo recibimos a Marta Mancebo, periodista e redactora do periódico "O progreso". Sendo ela a encargada de cubrir a zona da Terra Chá, falounos da súa traxectoria persoal e profesional. Explicounos o que agocha o traballo dunha periodista, recoñecendo as desigualdades contra as que aínda temos que loitar.

Despois de repartir os agasallos que trouxo Marta, despedímonos cunha fotografía que foi publicada no periódico!

Seguimos traballando nesta semana da prensa, pronto publicaremos os resultados.

 

 

VISITA DE HÉCTOR MÉNDEZ_PLAN DIRECTOR

Este martes visitounos Héctor Méndez, psicólogo da Garda Civil, para impartir aos nenos de primaria unha charla de acoso escolar. Aproveitamos a súa visita para coñecer o seu traballo.

Un día xenial! 

Clicade na imaxe para acceder ao arquivo multimedia.

ANIVERSARIO DE SARA

CALENDARIO MARZO

Compartimos con vós a organización do mes de marzo. Entre as actividades previstas sobresaen as enmarcadas na semana da prensa e a saída ao castelo de San Paio de Narla en Friol. Esta excursión será posible grazas ao apoio da ANPA, en breves recibiredes máis información da mesma.

Feliz inicio dun novo mes!

PLAN DIRECTOR: CHARLAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Este martes, 27 de febreiro, o alumnado de 4º e 6º de primaria recibirá unha charla formativa e preventiva sobre o acoso escolar. 

Esta charla enmárcase no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, sendo impartida polo psicólogo e formador da Garda Civil: Héctor Méndez.

Agárdanos unha xornada de reflexión e aprendizaxe. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer