Blogue de gladys.enriquez

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz. Comezamos esta xornada descubrindo a orixe desta conmemoración, empregando como fío condutor a historia de Sadako Sasaki e as mil grullas de papel.

Dedicamos o día á investigación e á decoración da árbore do colexio con debuxos e grullas feitas con papiroflexia.

Foi un día xenial!

 

https://www.canva.com/design/DAF72ZH3nrI/sXMd5hd2roP13j5wVjKGYw/edit?utm...

ORDES DO MECO

CALENDARIO DE FEBREIRO

FESTA DE ENTROIDO

MERENDAS AO SOL

PROGRAMA DE RADIO COEDUCA

Xa temos nas nosas mans o resultado do Obradoiro de Igualdade de COEDUCA, organizado pola nosa AMPA. O programa de radio veu cargado de aprendizaxe e de novas experiencias, desenvolvendo no alumnado habilidades e competencias comunicativas. Tamén se traballaron valores de igualdade e respecto polas oportunidades da muller na sociedade. 

Sen dúbida, esta actividade deixa un recordo imborrable que esperamos repetir pronto!

 

Podedes escoitar o programa clicando na seguinte imaxe:

CHARLAS DE EDUCACIÓN NUTRICIONAL

Este venres visitounos Javier para impartir unha actividade complementaria de educación nutricional. No marco do programa "Sana el hoy" recibimos unhas charlas formativas e gamificadas, co obxectivo de achegar boas prácticas nutricionais e adquirir hábitos que condicionarán a saúde alimentaria dos nosos escolares.

A nosa AMPA organizou esta xornada chea de aprendizaxe e novas curiosidades, que de seguro quedarán no recordo de todo o alumnado. Encantounos!

 

 

O ANIVERSARIO DE AITANA

O pasado mércores celebramos o aniversario da nosa compañeira Aitana. Desfrutamos dunha riquísima torta e das apertas que inmortalizaron a súa primeira década.

Parabéns!

INICIAMOS O 2º TRIMESTRE

Seguimos coa nosa aventura, despois da maxia do nadal e dun descanso merecido, arrancamos de novo.
Nesta semana recuperamos costumes e rutinas, pero tamén descubrimos o paso dos reis polo colexio.
Repasamos as nosas vacacións e ao longo destes días montamos e colocamos os novos xoguetes, creando novos recantos.

Tamén recibimos a unha nova compañeira, uníndose á nosa pequena familia. Con ela continuamos o noso proxecto, viaxando á cultura peruana. Benvida Heidy!

Reiniciamos as gañas e a ilusión por seguir aprendendo e desfrutando!

Clicade na imaxe para ver o vídeo resumo da semana.

ORGANIZACIÓN DO 2º TRIMESTRE

Despois das festas e do descanso navideño, iniciamos o 2º trimestre con toda a ilusión e as gañas por seguir completando a nosa bagaxe. Compartimos con vós a seguinte presentación, clicade na imaxe para acceder a ela, na que se inclúe a seguinte información:

  • Organización temporal das actividades e conmemoracións previstas.
  • Normas de convivencia escolar.
  • Avance do proxecto do centro.

Arrancamos!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer