Transformando o noso patio

Din que non fai falta moito para ser feliz e no noso caso bastou que mediasen unhas brochas e un pouco de pintura para gozar dunha tarde compartida coas familias, dispostas a arrimar o ombreiro sempre que fai falla. Deste xeito, o noso traballo servirá para dinamizar un patio amplo e con moitas posibilidades.

Aquí abaixo podedes ver unha mostra do noso traballo.

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo" Eduardo Galeano.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer