Blogues

CIRCULAR INFORMATIVA: ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Convocatoria do día 3 do mes en curso, o vindeiro día 22 de novembro, en horario:

 

vde 9:15  a 10:15 horas

vde 13:15  a 14:15 horas

vde 16:30  a 18:30 horas

celebrarase na sala de reunións do edificio de educación primaria  deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.- Quen pode votar.

 

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 

            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

            A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

                                           Bertamiráns, 18 de novembro de 2021

                                          A  PRESIDENTA  DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

                                                 Asdo: Mª Isabel Abelleira Bardanca




 

 

AXUDAS PARA MASCARILLAS CURSO 21_22

A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de secretaría.

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)

Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

 

    Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.-OTILIA GÜIMIL VIGO

2.-RUBÉN PLAZA LAVANDEIRA

 

    Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA.

As votacións no sector pais/nais serán o 22 de novembro de 2021 no seguinte horario:

  • de 9:15  a 10:15 horas
  • de 13:15  a 14:15 horas
  • de 16:30  a 18:30 horas

 

    O que se fai público para xeral coñecemento.

 

                                                    Bertamiráns, 16  de novembro de 2021

 

                                                        A DIRECTORA DO CENTRO E

                                               PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

 

 

 

 

                                                     Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

MODELO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NAIS/PAIS AO CONSELLO ESCOLAR

prazo de presentación de candidaturas será do 04 ao 11 de Novembro (ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. a súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:15 h a 13:30 h.; o luns 8 poderanse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h.; ou remitila por correo electrónico:ceip.a.maia@edu.xunta.gal 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021 (No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)

 

 Estimadas nais, pais, familias

Cada dous anos procédese á renovación parcial dos membros dos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto

  • Sorteo dos membros titulares e suplentes da xunta electoral.
    • Celebrado o  27 de outubro ás 11:40 horas na secretaría do centro.
    • Calendario electoral.
    • Datas importantes:
      • Do 4 ao 11 de novembro, de 9:15 h a 13:30 h. O luns 8 poderánse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.
      • Do 15 ao 21 de novembro --> campaña electoral.
      • 22 de novembro --> votacións.  
  • Compoñentes do consello escolar no noso centro:
    • Membros natos:
      • 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
    • Membros elixibles:
      • 5 representantes do profesorado.
        • A renovar 3 nesta convocatoria
      • 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 2 nesta convocatoria.
      • 1 representante do persoal de administración e servizos.
        • Non se renova nesta convocatoria.
    • Membros designados:
      • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o consello escolar é o órgano de maior representación.

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS

MODELO PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Normativa que regula o proceso:

 

 

 

Material escolar na aula

Estimadas nais, pais, familias,

Queremos comunicarvos que por acordo unánime do claustro de profesorado, na sesión ordinaria celebrada o luns 25 de outubro, despois de analizada a evolución positiva da situación sanitaria derivada da COVID19, tomamos a decisión de relaxar unha das medidas adoptadas a principio de curso relacionada co material escolar das vosas fillas e fillos.

A decisión é que a partir do vindeiro martes 2 de novembro de 2021 o alumnado poderá deixar o material escolar na aula, no propio pupitre ou noutro lugar diferenciado, como casilleiros ou mobles. O alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes e na medida do posible todo rotulado co seu nome. Nas perchas o material ou roupa colocárase do xeito mais individualizado posible.

Aínda así, cando se use material susceptible de ser compartido lembraráselle ao alumnado a necesidade e importancia da hixiene de mans antes e despois de usar o material.

SAMAÍN E MAGOSTO

Estimadas familias,

con motivo da conmemoración do Samaín e do Magosto, e enmarcadas na “nova normalidade, desde o centro temos previstas as seguintes actividades:

  1. Exposición de cabazas nos corredores dos dous edificios, do 25 ao 29 de outubro. Subiranse fotografías á web para que as poidades ver nas casas.
  2. Contacontos virtual con Charo Pita, o venres 29 de outubro.
  3. Obradoiro de xogos tradicionais do Magosto, o venres 12 de novembro. Todas as actividades realizaranse en espazos exteriores cubertos e realízanse respectando os protocolos e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

Lamentándoo moito, nesta ocasión os vosos fillos e fillas non poderán vir disfrazados, nin maquillados; a razón fundamental é por motivos hixiénico – sanitarios, xa que, si ben é certo  que a situación está estable en canto á COVID 19 e  non hai contaxios no centro; somos conscientes de que unha situación festiva poder facer que vire a situación.

Queremos que entendades o difícil que resulta que nenas e nenos que pasan cinco horas xuntos non queiran probarse os complementos que poida traer outra/o compañeira/o, e que perrucas, sombreiros, e outros complementos non acaben polo chan e pasando por varias mans.

Ademais, tede en conta  que unha porcentaxe  do noso alumnado está padecendo xa  os efectos dos cambios de temperatura tan drásticos que temos estes días (frío intenso polas mañás e temperaturas propias do verán a media mañá), polo que teñen moito moco e flemas e isto, xunto con mascarillas e maquillaxes, non é boa mestura. Sabemos tamén que está irrompendo con forza un virus causante de gastroenterites, polo que todo nos indica que tomemos o camiño da prudencia e da prevención e polo tanto, disfraces, complementos, vestimentas, adobíos varios, maquillaxes, … de momento non.

Sabemos que podedes entender a nosa postura de prudencia e por suposto que  na procura desa ansiada “nova normalidade” nos vemos limitados para seguir celebrando as conmemoracións como en cursos pre pandemia.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

SORTEO PÚBLICO DE COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL PARA RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos., realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

        A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

  • A Directora do centro.
  • Unha mestra ou mestre.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 27 de outubro, mércores, ás 11:40 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                               Bertamiráns, 25  de outubro de 2021.

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

Distribuir contido