CIRCULAR INFORMATIVA: ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Convocatoria do día 3 do mes en curso, o vindeiro día 22 de novembro, en horario:

 

vde 9:15  a 10:15 horas

vde 13:15  a 14:15 horas

vde 16:30  a 18:30 horas

celebrarase na sala de reunións do edificio de educación primaria  deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.- Quen pode votar.

 

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 

            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

            A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

                                           Bertamiráns, 18 de novembro de 2021

                                          A  PRESIDENTA  DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

                                                 Asdo: Mª Isabel Abelleira Bardanca




 

 

AdxuntoTamaño
SKM_C300i21111912300.pdf70.79 KB