Servicio Integral de Reparación equipamento Abalar EDIXGAL

No documento adxunto poderán atopar o diptico informativo.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2024_25

Achégase a organización xeral de entradas e saídas para o curso 2024_25

AVISO IMPORTANTE PARA USUARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Deben entregar na secretaría do centro antes do inicio do curso a ficha coas persoas autorizadas. Hai unha para educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria e outra distinta para 5º e 6º de educación primaria.

Si non entregan a ficha non poderán facer uso do transporte.

 

Poden enviala ao correo do centro: ceip.a.maia@edu.xunta.gal

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024/25

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

 

Artigo 6. Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

Artigo 7. Días non lectivos

 O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

A incorporación gradual do alumnado no cuarto curso da etapa a que se refire o artigo 4 da Orde do 30 de maio de 2023 non se prolongará máis alá do 17 de setembro de 2024.

Con anterioridade ao inicio das clases serán informados de cal é a quenda que lle corresponde a cada alumno/a.

A distribución será a seguinte:

 

DÍA 1: 11 DE SETEMBRO:

3 GRUPOS DE 1 HORA 5 NENOS/AS CADA GRUPO

GRUPO 1: De 9:30h a 10:30h

GRUPO 2: De 10:45h a 11:45h

GRUPO 3: De 12:15h a 13:15h

 

DÍA 2:  12 DE SETEMBRO:

3 GRUPOS DE 1 HORA 5 NENOS/AS CADA GRUPO

GRUPO 1: De 9:30h a 10:30h

GRUPO 2: De 10:45h a 11:45h

GRUPO 3: De 12:15h a 13:15h

 

DÍA 3:  13 DE SETEMBRO:

2 GRUPOS DE 2 HORAS  8 E 7 NENOS/AS CADA GRUPO

GRUPO 1: De 9:15h a 11:15h

GRUPO 2: De 11:45h a 13:45h

 

DÍA 4: 16 DE SETEMBRO:

1 GRUPO DE 3 HORAS, TODOS XUNTOS

 

10:00h a 13:00h

 

DÍA 5: 17 DE SETEMBRO:

1 GRUPO DE 3 HORAS, TODOS XUNTOS

 

 

10:00h a 13:00h

 

Lembren que hai unha reunión inicial programada para o día 5 de setembro ás 17:00h, no edificio de educación infantil.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

De acordo co compromiso de centro -recollido no Proxecto Educativo-  adoptado desde o 2019 de non empregar libros en educación infantil e de reducir nos primeiros cursos da educación primaria, faise pública a lista de libros para o curso 2024/25.

 

Educación Infantil: Non hai libros

 Educación primaria:

Poden consultar o listado completo de libros para 1º, 2º, 3º e 4º de  educación primaria para o  curso 2024/25   no arquivo adxunto.

 

5º e 6º de educación primaria son cursos EDIXGAL, dispoñen dun entorno virtual de aprendizaxe. Non hai libros en formato papel.

 

Os listados de material para os distintos cursos, tanto de infantil como de primaria serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2024/25

 Ao rematar o curso 2023/24, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo solidario deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2024/25.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2024. Desde o luns 17 de xuño poden pasar por secretaría a devolvelos.

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estadoforrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024 _25

 

As persoas interesadas no servizo de transporte escolar para o curso 2024/25 DEBEN FACER A SOLICITUDE  do 14 ao 30 de xuño  a través deste enlace

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/node/1160

Lembren que considerarase persoa usuaria con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario/a con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o/a estudante efectivamente conviva.

Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.

Do mesmo xeito, para manter a condición de usuaria/o con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2024/25.

 

Paso de infantil a primaria

Estimadas nais/pais/familias,

desde fai uns cursos, no centro temos en funcionamento o que denominamos “Plan de tránsito de infantil a primaria", que ten tres fases principais:

1.- Durante o mes de xuño, prográmanse conxuntamente por parte das titoras de infantil e primaria varias visitas ás aulas de primaria, resólvenselle dúbidas que eles mesmo plantexan, comparten recreo cos de primaria, amósanselle as instalacións, etc.

2.- Durante o mes de setembro: Celebrarase unha reunión inicial das familias co equipo docente de 1º para:

  • Presentación     do profesorado.
  • Información sobre o funcionamento xeral do centro.
  • Usos da biblioteca e demais dependencias.
  • Proxecto educativo,  programas educativos e actividades do centro.
  • Entrega de documentación (autorizacións das saídas escolares, imaxe, etc.)
  • Características  psico- evolutivas da etapa educativa.

3.- Durante o mes de setembro, previo ao inicio das clases o profesorado de infantil e o profesorado de primaria reúnense para intercambio de información sobre as características do alumnado.

 

Ademais, a finais de curso, vostedes recibirán tamén un folleto con recomendacións e información sobre este proceso.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Distribuir contido