Renovación e preinscrición en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2024/2025

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025
 
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
 
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2024-2025
 
O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 de marzo ao 1 de abril. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula dos preinscritos aceptados.
 
 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar. 

 

 

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

 

 

 

 

Participación activa das familias

As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.  

Para asegurar a súa participación fluída, crearase unha canle dixital para as familias que inclúa información, contidos formativos e materiais que axuden á detección temperá de condutas de acoso. Isto é, que as familias tamén dispoñan de ferramentas que as axuden a identificar cambios nos seus fillos que poidan derivar desas situacións.  

Para iso potenciarase o papel das asociacións de nais e pais con accións formativas desenvolvidas por profesionais da Consellería de Sanidade, e seguiranse ofrecendo obradoiros específicos para familias tanto nos centros como en concellos e asociacións deseñados pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos profesionais dos centros Quérote+.  

Lectura Recomendada. EDUCAR SIN DESESPERAR

Desde a Dinamización de Benestar e Convivencia queremos recomendarvos a lectura deste libro

 

 

 

Si queredes ler un pequeno avance podedes facelo premendo aquí

Día internacional de Lingua Materna

O día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA  escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:

 

https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Reserva chamando ao 881866004

 

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

POR UN NADAL NOSO!

Dende o Departamento de Normalización Ligüística queremos compartir o documento que se adxunta:

Mandadiños do Meco e venres de Entroido.

Prezadas nais, pais, familias,

Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática das olimpíadas, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven:

O luns para comezar,

con bañador, gorro ou lentes virás,

para poderte mergullar.

 

O martes

seguro que o pasarás mellor

cunha zapatilla de cada cor.

 

O mércores,

se un deporte queres practicar,

algo do teu equipo has de levar.

 

O xoves,

despois de tanto adestrar,

algunha venda vas precisar.

 

 

Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel, os titores e titoras xa enviaron Abalar coas indicacións do que se precisa. Aínda así, todo é voluntario.

Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.

Grazas pola vosa colaboración.

DIPLOMA DE RECOÑECEMENTO

O grupo UNDERISK acaba de facernos chegar o diploma de recoñecemento pola nosa colaboración desde o 2016 na investigación en saúde psicolóxica e benestar infantil, así como pola nosa contribución ao desenvolvemento científico no ámbito educativo.

 

 

E desde o CEIP A MAÍA estendemos o agradecemento a todas as familias que colaboraron con nós ao longo de todos estos cursos.

VISITA DO ALUMNADO DE SEGUNDO Á AULA DA NATUREZA

O alumnado de Segundo de Primaria realizou una saída a Aula da Natureza onde elaborou unhas maquetas. Podedes ver o resultado no arquivo achegado.

Distribuir contido