blogue deA Maía

INFORMACIÓN PROGRAMA APEGO: Xornada na Ribeira Sacra.

Difundimos esta información que nos chega do concello de Ames,  por se é do voso interese:

Seguimos coas actividades do programa Apego do Concello de Ames, e hoxe toca propoñervos a agardada xornada na Ribeira Sacra.

Trátase dunha excursión familiar na que visitaremos o Ecomuseo  do Pazo de Arxerizno Cabo do Mundo, e   Carballolandia, un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño.

Alí achegarémonos dun xeito lúdico á etnografía, á historia e á natureza da Ribeira e faremos unha chea de actividades ao aire libre, na Chousa das Férvedas e na Casa da Árbore, conducidas por Anxo Moure, o Carballo con Botas (contos na árbore, paseos, xogos populares, xogo libre, bautizo en barca de río...) para achegarnos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo natural pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Xantaremos e merendaremos de campo, pero cada familia debe levar a súa propia comida e bebida.

A viaxe  será en autobús o sábado, 27 de abril (se por circunstancias meteorolóxicas houbese que aprazala, gardaránselles as prazas ás persoas inscritas que así o desexen) cos seguintes horarios:

SAÍDA DO PAZO DA PEREGRINA (BERTAMIRÁNS): 09.30 h

REGRESO APROXIMADO AO PUNTO DE SAÍDA: 21.00 h

**A actividade é gratuíta, pero as persoas adultas que queiran entrar ao museo do Pazo de Arxeriz terán que aboar alí mesmo a súa propia entrada (3 € por persoa)

 

INSCRICIÓN:

Se vos animades, anotádevos canto antes pois xa sabedes que as prazas están contadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal  indicándonos coma sempre:

-Nome e apelidos das persoas que solicitades asistir

-Idade do neno ou da nena

-Teléfono de contacto

Non se admitirán inscricións fóra de prazo

Tedes toda a info no cartel que vos vai adxunto.

Apertas mil!

 

n/d

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA APEGO

Recibimos esta información desta actividade dentro do porgrama Apego do Concello de Ames  e a compartimos con toda a comunidade educativa para unha maior difusión.

Está aberto o prazo de inscrición para actividade CONTOS EN FAMILIA de CRIS DE CALDAS E XABI DO CAMIÑO.  

 

Será na  Casa da Cultura do Milladoiro o venres, 19 de ABRIL, ás 18.00 h e vai dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos interesadas en coñecer propostas de contos e música apropiadas para as diferentes etapas da crianza.  

 

Exposición dun amplo catálogo de obras axeitadas para a infancia, contos, música en directo e libros esenciais para tratar temas clave na crianza conforman esta actividade na que compartiremos as experiencias e inquedanzas que queiran comentar as familias interesadas.

 Se queredes anotarvos, xa sabedes, enviádenos un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando:

-Nome e apelidos das persoas que vaiades vir

-Idade das crianzas

 

-Teléfono de contacto

Día de Rosalía

Vídeo Día de Rosalía.

Os Oficios (2º Primaria)

Ao longo destes dous trimestres os menos de 2º de primaria asistiron a unha pequena charla das súas familias como complemento a temática que estamos traballando na aula. As familias prepararon actividades e os rapaces puderon preguntar o que quixeron.

Abrir o PDF para ver o traballo sobre os oficios que realizou o Segundo Nivel de Primaria

CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES

Informamos e difundimos o CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES animándovos a participar no mesmo!

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/03/19/ames-envorcase-cuns-certames-narrativa-99654960.html

(Cartel, bases e ficha de participación nos arquivos achegados)

A coordinadora do EDNL do CEIP A MAÍA.

Mercedes Blanco

LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE

Desde o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua queremos difundir esta información por se é do voso interese.

Este venres, 1 de marzo, ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN para a sesión de contos con música de JARA ORTIZ, denominada LÚA TRIANGULAR. NADA É IMPOSIBLE

Trátase dunha sesión de contos que mestura música, teatro e humor e que nos propón unha viaxe activa e creativa ao País dos Contos para vivir aventuras que transformaran o mundo nun lugar mellor, máis diverso e máis xusto no que todas e todos teñamos igualdade de dereitos.

Esta nova actividade Apego coa que festexamos o día da Muller será venres, 8 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 h e está pensada para familias con crianzas a partir de 3 anos.

Lembrade que para anotarvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando:

-NOME E APELIDOS DAS PERSOAS QUE IDES VIR

-IDADE DOS/AS NENOS/AS

-TELÉFONO DE CONTACTO

OLLO!!Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.

Tedes toda a info no cartel que vai anexo.

Día internacional de Lingua Materna

O día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA  escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:

 

https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

POR UN NADAL NOSO!

Dende o Departamento de Normalización Ligüística queremos compartir o documento que se adxunta:

Distribuir contido