Prazo aberto: do 1 de marzo ao 21 de marzo
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR CA SOLICITUDE
- Certificado de empadroamento
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Fotocopia do DNI dos pais/nais/titores legais e do alumno/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Fotocopia da cartilla de vacinación.
- 2 fotos carné
- Cumprimentar o Anexo II e asinalo os dous proxenitores cando estean separados ou divorciados.
VACANTES PARA O CURSO 2022/23
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO |
PRAZAS POR CURSO |
VACANTES PARA O 2022/2023 |
4º (3 anos) |
50 |
50 |
5º ( 4 anos) |
50 |
10 |
6º (5 anos) |
75 |
28 |
EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO |
PRAZAS POR CURSO |
VACANTES PARA O 2022/2023 |
1º |
75 |
2 |
2º |
75 |
14 |
3º |
75 |
15 |
4º |
75 |
3 |
5º |
75 |
0 |
6º |
75 |
2 |