Mandadiños do Meco e venres de Entroido.

Prezadas nais, pais, familias,

Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática das olimpíadas, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven:

O luns para comezar,

con bañador, gorro ou lentes virás,

para poderte mergullar.

 

O martes

seguro que o pasarás mellor

cunha zapatilla de cada cor.

 

O mércores,

se un deporte queres practicar,

algo do teu equipo has de levar.

 

O xoves,

despois de tanto adestrar,

algunha venda vas precisar.

 

 

Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel, os titores e titoras xa enviaron Abalar coas indicacións do que se precisa. Aínda así, todo é voluntario.

Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.

Grazas pola vosa colaboración.