Blogues

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Todas as solicitudes presentadas en prazo, resultaron admitidas.

As solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da comisión de escolarización.

 

 

 

Programa de prevención de condutas aditivas

Estimadas nais, pais, familias

Durante a vindeira semana levaremos a cabo co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria,  un ciclo de charlas que forman parte do programa de prevención de adiccións. Hai xa varios anos que o Concello de Ames desenvolve este Programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. Os obradoiros adoitaban realizarse no primeiro trimestre do curso pero este ano, por mor da situación de pandemia, adiáronse até o terceiro trimestre.

As charlas serán impartidas en cada grupo pola psicóloga Belén Montesa e membros do seu equipo. En todo momento, para garantir a seguridade de nenas e nenos, manteranse os grupos estables e o persoal que intervirá con eles adoptarán todas as medidas de hixiene e distancia establecidas no protocolo sanitario.

A metodoloxía do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar é totalmente participativa. A través de técnicas de traballo grupal como dramatizacións, enquisas, análise da publicidade ou debates, os alumnos e alumnas participan na construción dos contidos. Tamén se fan actividades individuais e actividades na casa para poder compartilas cos pais/nais/titores e que, ao mesmo tempo permitan achegar o tema dende o centro educativo á casa e viceversa.

O programa está encamiñado a proporcionar ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar adecuadamente as posibles situacións de perigo relacionadas, ou non, coas posibles adicións que poidan ir aparecendo o longo do da súa evolución. Tamén se traballa para aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia a oferta de sustancias e se promove o desenvolvemento de recursos propios que faciliten actitudes e condutas de rexeitamento ao consumo.

O programa incorpora tamén un enfoque de xénero e contidos relacionados con outras condutas de risco como o abuso ou uso indebido das novas tecnoloxías.

 

Enquisa de diagnose de convivencia

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pomos en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

 


A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.  

Destinatarios:

·         Alumnado de 5º e 6º de primaria. Todo o alumnado do centro que curse 5º e 6º de Educación Primaria, deberá ter acceso aos ordenadores Edixgal ou,  se o preferides, á aula de informática para cubrir os cuestionarios.  Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convobrig

·         Profesorado do centro. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convdoce

·         Persoal de Administración e Servizos. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convpas

·         Familias. Acceso desde https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Prazo:  A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

Claves de acceso:

A cada alumno/a, persoal docente e non docente e familias de alumnado, proporcionaráselle unha clave de acceso con indicacións precisas sobre como actuar para cumplimentar o cuestionario. O luns 12 proporcionaranse as claves de acceso.

 

App PassCOVID.gal

PassCOVID.gal é unha App da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19

Permite consultar as restricións, recomendacións e novidades; recibir avisos se estiveches nun establecemento de risco por concentración de contaxios. etamén, se fuches diagnosticado/a da COVID-19, permite que poidas comunicar os teus contactos estreitos, os lugares onde estiveches e consulta o teu código de Radar COVID.

Accede á aplicación

Promoción da saúde infantil

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

Para máis información:

Vacacións de Semana Santa

Tal e como establece o calendario escolar, as vacacións de Semana Santa abranguerán do 29 de marzo ao 5 de abril, ambos incluídos.

As sesións lectivas reanudaranse o martes 6 de abril de 2021.

FESTIVOS E NON LECTIVOS

Ante as numerosas consultas que estamos a recibir, aclaramos que o día 19 de marzo de 2021 non é lectivo por ser festivo autonómico.

Poden consultar aquí a normativa

 

Ademais pode consultar o calendario escolar previsto para este curso 20/21 nesta entrada de agosto do 2020 na web. 

ABERTO O PLAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/22

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO 1 AO 22 DE MARZO

 

ATENCIÓN PREVIA CITA NO 881866001

 

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA DE 9:30 h. A 13:00h

 

IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE

 

  • DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar, ou Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.

  • Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.

  • Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns, se é o caso. 

*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

COÑECE O NOSO CENTRO

Ante a imposibilidade de organizar visitas presenciais polo centro, deixámosvos aquí un pequeno vídeo que sintetiza o traballo que día a día fan os mestres e mestras de educación infantil nas aulas co noso alumnado.

Distribuir contido