Blogues

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Información sobre o proceso de admisión para o vinseiro curso 2021/22

Anexo para admisión

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2021/22

PREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN DOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE BOS DÍAS COLE! E TARDES DIVERTIDAS

 

Servizos dependentes do Concello de Ames

 

Información importante para a preinscrición ou renovación dos servizos de comedor escolar, Bos días cole! e Tardes divertidas para o curso 2021/22

 

Resultado do sorteo público das letras para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para 2021/22

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

Día internacional da muller e a nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por  veciñas de Ames co obxectivo de  visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.

Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.

Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.

 

 

Atención para o grupo corentenado

Estimadas nais, pais de 5º C de educación infantil,

Para garantir a atención educativa a todo o grupo corentenado queremos informarvos que desde mañá mesmo poderedes conectarvos coa titora nos momentos iniciais  ou finais da xornada lectiva.

Nos momentos iniciais proporcionaravos pautas e propostas de actividades para o día, e no momento final, todas as dúbidas que teñades con respecto ás actividades plantexadas, poderedes consultalas con ela.

Achégasevos o horario de atención para o grupo do voso fillo ou filla, por suposto a conexión é voluntaria para vós, non tedes obriga de conectarvos, pero si que saibades que a titora está dispoñible para darvos a vós ou aos vosos fillos as indicacións do día.

 

A titora acordará con vós como vos pode facer chegar as propostas de actividade (correo electrónico, portfolio Agueiro, etc)

Calquera dúbida podedes resolvela con ela no correo de aula.

Esperamos que sigades todos e todas ben.

 

Saúdos

 

 

ESTREA DUNHA OBRA MUSICAL! UNHA BOA NOTICIA PARA ESTES TEMPOS!

A pasado 14 de xaneiro  tivo lugar no Auditorio de Galicia a presentación da nova obra musical, Gratulantes, de Sofía Oriana Infante a cargo da Real Fhilarmonía de Galicia dirixida nesta ocasión polo seu director titular, Paul Daniel. Xa é con esta obra, a segunda que estrea coa citada formación, por petición desta, pois na temporada 2019/20  o fixo con  In memoriam tamén no Auditorio de Galicia.

Artigos de prensa sobre a compositora e as súas obras:

La Voz de Galicia xaneiro 2021

Melómano Digital xaneiro 2021

La Voz de Galicia outubro 2019

Concertos en directo

No curso 2018-19 puidemos disfrutar do privilexio de ter á compositora no noso colexio por un tempo, facendo unha substitución, da que gardamos un grato recordo tanto mestres/as  compañeiros como os nenos e nenas,  que naquel curso, tiveron a sorte de escoitala na charla que impartiu na biblioteca do colexio para os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Neste enlace podedes ver  ou recordar a experiencia:

Queremos  felicitar a Sofía  e animarvos a coñecer a obra desta compositora galega,  que sen dúbida vos fará desfrutar e vos axudará a esquecer por un intre a situación que nos está tocando vivir. Apostamos como sempre desde aquí pola cultura! Que siga!

 

Colaboración en estudo sobre as habilidades socioemocionais

Estimadas familias, queremos iniciar unha colaboración coa Facultade de Psicoloxía de USC para realizar un estudo sobre as habilidades  socioemocionais e o seu papel na prevención de problemas emocionais en nenos/ as do último curso de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.

Os datos solicitados a partir destes traballos van orientados a adaptar un instrumento de avaliación das habilidades  socioemocionais e enmárcanse nun proxecto máis amplo dirixido a elaborar e avaliar un programa de prevención centrado no desenvolvemento das habilidades  socioemocionais nos nenos e nenas dos primeiros anos de Educación Primaria.

A realización deste estudo require da colaboración tanto de pais/nais/titores legais como dos profesores dos seus fillos/ as que deberán contestar un pequeno cuestionario sobre as condutas dos/ as nenos/ as.

Hoxe o seu fillo/a súa filla levará un consentimento informado, no que  solicitamos o seu permiso para poder incluír ao seu fillo/a no estudo. Os datos que se recollerán son totalmente anónimos e analizaranse de forma agregada (análise dos datos en grupo, nunca de forma individual) só para os obxectivos desta investigación. A firma deste consentimento non lle compromete a nada e poderá deixar o estudo no momento que o desexe.

Os datos que se facilitan no consentimento van dirixidos exclusivamente ao profesor dos seus fillos/ as, para que eles saiban que nenos/ as considerar no estudo. Os  datos do consentimento non se compartirán con terceiras persoas, nin tan sequera coas persoas da USC que realizarán o traballo.

Grazas pola vosa colaboración

BOAS FESTAS E POR UN VENTUREIRO 2021

Entrega de máscaras reutilizables

 

 

 

Entre os días 21 e 22 de decembro farase entrega das máscaras ao alumnado beneficiario da axuda. Levan as máscaras e un documento de entrega que deberán devolver cuberto e asinado ao centro.

 

Cada alumno/a beneficiario/a da axuda leva 3 máscaras hixiénicas reutilizables de dobre capa, empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Cunha durabilidade de 80 lavados, son altamente resistentes, realizadas en tecido  hidrófobo e  antibacteriano. Fabricadas segundo a especificación UNE_0065 para uso do alumnado. (Norma Ministerio Sanidade España).

 

As 3 máscaras cobren a necesidade de uso para as 122 xornadas lectivas que se computan desde a resolución definitiva (1 de decembro) ata o final de curso (22 de xuño).

 

Distribuir contido