Colaboración en estudo sobre as habilidades socioemocionais

Estimadas familias, queremos iniciar unha colaboración coa Facultade de Psicoloxía de USC para realizar un estudo sobre as habilidades  socioemocionais e o seu papel na prevención de problemas emocionais en nenos/ as do último curso de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.

Os datos solicitados a partir destes traballos van orientados a adaptar un instrumento de avaliación das habilidades  socioemocionais e enmárcanse nun proxecto máis amplo dirixido a elaborar e avaliar un programa de prevención centrado no desenvolvemento das habilidades  socioemocionais nos nenos e nenas dos primeiros anos de Educación Primaria.

A realización deste estudo require da colaboración tanto de pais/nais/titores legais como dos profesores dos seus fillos/ as que deberán contestar un pequeno cuestionario sobre as condutas dos/ as nenos/ as.

Hoxe o seu fillo/a súa filla levará un consentimento informado, no que  solicitamos o seu permiso para poder incluír ao seu fillo/a no estudo. Os datos que se recollerán son totalmente anónimos e analizaranse de forma agregada (análise dos datos en grupo, nunca de forma individual) só para os obxectivos desta investigación. A firma deste consentimento non lle compromete a nada e poderá deixar o estudo no momento que o desexe.

Os datos que se facilitan no consentimento van dirixidos exclusivamente ao profesor dos seus fillos/ as, para que eles saiban que nenos/ as considerar no estudo. Os  datos do consentimento non se compartirán con terceiras persoas, nin tan sequera coas persoas da USC que realizarán o traballo.

Grazas pola vosa colaboración