Blogues

AGRUPAMENTOS DE ALUMNADO

Estimadas nais, pais, familias

Como xa saben, por protección de datos non podemos publicar as listas de alumnado para este curso que iniciamos mañán.

Si desexan saber en que grupo está a súa filla ou o seu fillo, poden chamar ao 881866006 (Lourdes) ou ao 881866001 (Vicente)

MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA O CURSO 2021/22

Información sobre as medidas organizativas para o curso 2021/22

Horarios e portas de entrada

AVISO IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias de alumnado de 4º de educación primaria

Neste inicio de curso 2021/22 recibimos instrución da Consellería para crear un novo grupo en 4º de educación primaria por exceder a ratio.

Nos próximos días recibirán unha chamada do titor ou titora asignada ao grupo do seu fillo/a.

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2021/22

Estimadas familias, a partir do día 2 de setembro recibirán unha chamada telefónica da titora asignada ao seu fillo ou filla indicándolle en que grupo e en que quenda se incorporará, aula, normas de acceso nestes primeiros días, data e hora para titoría individual, etc. 

O horario dos distintos grupos e quendas axústase á seguinte planificación común para os dous grupos de 4º de educación infantil ( 3 anos):

 

4º A  e 4º B de EDUCACIÓN INFANTIL

Na primeira semana de  Xoves 9 e venres 10 de setembro faranse 3 quendas

 

QUENDA A:

de 9:30h a 10:30h

QUENDA B:

de 10:45h a 11:45h

 

QUENDA C:

de 12:00h a 13:00h

Na segunda semana de luns 13 ao venres 17 de setembro faranse 2 quendas

QUENDA A:

de 9:30h a 11:00h

QUENDA B:

de 11:30 a 13:00h

Na terceira semana o luns 20 e o martes 21 de  setembro faranse 2 quendas

QUENDA A:

de 9:30h a 11:30h

QUENDA B:

de 12:00h a 14:00h

Desde o mércores  22 de setembro

Todas e todos de 9:05h a 14:05h

       

 

 

Lembren que si solicitaron os  servizos complementarios, NON PODERÁN FACER USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NIN DO SERVIZO DE COMEDOR até o día 22 de setembro, data na que o seu fillo ou filla se incorporará en horario completo.

 

 

BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Aberto o prazo até o 30 de setembro para presentación de becas para alumnado con NEAE.

Máis información na páxina https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Unha vez cuberta a solicitude deberase entregar no centro escolar xunto coa documentación pertinente.

 

AVISO IMPORTANTE: LISTAXES DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

Todo o alumnado que solicitou praza de transporte para o curso 2021/22 resultou admitido.

Por protección de datos non publicamos as listaxes polo que deben poñerse en contacto co centro para confirmar que o autobús e a parada son as correctas.

 

Horario de atención: De luns a venres de 10:00h a 13:00h

Teléfonos de atención

881866002

881866006

 

Lembren que esta adxudicación podería verse afectada si houbera que adoptar outras medidas fronte a pandemia do COVID, posto que un empeoramento da situación puidera supoñer a imposición de outras medidas de protección e seguridade. 

AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL

Xa están a disposición dos solicitantes os vales para libros e material, poden chamar ao teléfono 881866006 para comprobar si lle foi concedido e, desde mañá venres 9 de xullo, poderán pasar polo centro a recollelos.

O horario do centro para recollida será de 10:00h. a 13:00h. 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA  DURANTE O MES DE XULLO

 

Dende o día 1 ao 31 xullo  o horario será de 10:00h. a 13:00h.

 

 

 

Durante todo o mes de agosto, o centro permanecerá pechado por vacacións.

Recollida do historial académico do alumnado que rematou a educación primaria.

Estimadas nais, pais, familias:

Desde o día 1 de xullo poden pasar pola secretaría do centro a recoller o historial académico do seu fillo ou filla.

Comunicámoslle que desde o CEIP xa se trasladou copia do historial  ao IES no que presentaron solicitude de admisión.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/22

Educación Infantil: Non hai libros

Educación primaria:

Pode consultar o listado de libros para educación primaria para o 

curso 2021/22 aquí. 

 

5º e 6º de primaria teñen libro dixital

 

Os listados de material serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

Distribuir contido