Blogues

Actualización do protocolo COVID

A Xunta comeza desde o luns o reparto de 55.000 test de saliva nos centros escolares

A Xunta de Galicia comezará, dende o vindeiro luns, a repartir 55.000 test de antíxenos en saliva no ámbito educativo de primaria pública e privada, con motivo da volta ás aulas no medio dunha onda de covid, e que o alumnado poderá realizar voluntariamente no seu domicilio. Esta iniciativa do Goberno galego engádese ao test gratuíto que xa se puxo ao dispor de todos os nenos de 5 a 11 anos nas farmacias antes das vacacións de Nadal, e ao segundo test que se ofreceu á volta das vacacións.

 

A toma de mostra e a técnica diagnóstica será realizada no domicilio do alumno. Antes de comezar a proba, hai que asegurarse de que o neno ou nena non coma, beba, cepille os dentes nin mascara chicle polo menos 30 minutos antes da recolección da saliva. Así mesmo, non se deixará caer o hisopo nin depositalo sobre ningunha superficie. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable. A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.

Todos os nenos ou nenas que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán considerados directamente como caso confirmado, polo tanto, deberán seguir as medidas de illamento. O caso confirmado sempre deberá cumprir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.
Coa fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do neno ou nena deberá notificar o positivo á Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus, ou chamar ao 881 540 045. A Xunta remarca que en ningún caso notificaranse os resultados negativos.

Como indica o protocolo de educación, calquera persoa con resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.

O teléfono COVID do centro é o 679462703

RECORDATORIO TELÉFONO COVID DO CENTRO

COORDINADORA COVID: 679462703

INFOGRAFÍA COVID

Información novas medidas Covid-19

Para coñecemento de toda a comunidade educativa achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de onte o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:

  • Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022.

 https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Refuerzo_y_adaptacion_medidas_educ_univ.pdf

  • Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0  

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES DE AMES) PARA O CURSO 2022/2023

 

 

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1.    Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:


Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2.    Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

 

3.    Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

 
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

·         Galego

·         Castelán

 

 

Comunicado sobre a volta ás aulas o 10 de xaneiro

Estimadas familias

Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.

Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

En calquera caso, nos centros educativos segue en vixencia   o protocolo que ven funcionando desde principio de curso (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304 ).

Agradecéndolles especialmente o gran esforzo que  toda a comunidade educativa están a facer, reciban un cordial saúdo.

Guía de lecturas para o Nadal

Esta guía foi elaborada conxuntamente polas bibliotecas escolares do concello de Ames.

Preme aquí para acceder

 

 

Como se determinan os contactos estreitos de un positivo

 

Mapa sociolingüístico escolar de Ames

Este traballo ten como obxectivo proporcionar unha visión da  situación sociolingüística nos centros educativos de Ames desde as Escolas Infantís

ata os Institutos de Educación Secundaria, empregando distintas metodoloxías de  investigación (autoinforme e análise observacional) e integrando a visión dos diferentes axentes sociais implicados (familias, alumnado e profesorado), para o que se realizaron entrevistas semiestruturadas ao profesorado dos centros educativos, cuxos resultados se incluirán nun informe posterior.

Pero o propósito do traballo vai alén dese obxectivo, pois apunta á necesidade de, a partir dun coñecemento preciso da realidade obtido coa colaboración dos propios sectores implicados, deseñar e poñer en práctica liñas de intervención eficaces para reverter o efecto desgaleguizador dos principais contextos de socialización dos escolares do periurbano galego. Para isto precísase un marco legal e político axeitado e o impulso desde as institucións, isto é  a Xunta de Galicia e o Estado, pero tamén accións de distinto tipo promovidas polos diversos axentes sociais.

Coñecer a realidade e divulgar información verídica, obtida mediante procedementos contrastados, contribúe a incrementar a conciencia dunha acción política, social e cultural imprescindible para garantirlle un futuro digno ao noso idioma.

Unha acción que ten que poñer o foco nas nenas e nenos desde a súa entrada no sistema educativo, pero prestando especial atención aos cambios de ciclo e etapa, momentos vitais nos que os escolares son máis susceptibles de mudar o seu comportamento para se adaptar ao medio. Reconforta comprobar que nese compromiso concordamos e atopamos vías de colaboración a Real Academia Galega, a través do Seminario de Sociolingüística, e o Concello de Ames, un dos máis dinámicos de Galicia, tanto no aspecto demográfico coma no sociocultural.

Pódese acceder neste enlace ou descargar o arquivo adxunto.

Distribuir contido