Comunicado sobre a volta ás aulas o 10 de xaneiro

Estimadas familias

Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.

Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

En calquera caso, nos centros educativos segue en vixencia   o protocolo que ven funcionando desde principio de curso (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304 ).

Agradecéndolles especialmente o gran esforzo que  toda a comunidade educativa están a facer, reciban un cordial saúdo.