Blogues

Recordatorio sobre entradas e saídas

Estimadas nais, pais, familias

Queremos facervos un recordatorio e PEDIRVOS ENCARECIDAMENTE A VOSA COLABORACIÓN para que as entradas e saídas sigan funcionando correctamente. 

 HAI 3 entradas ao recinto ben diferenciadas: o portal de infantil para o alumnado de infantil, o portal da pérgola para o alumnado transportado e o de 4º, 5º e 6º, e o portal lateral para alumnado de 1º, 2º e 3º.

o   

AS ZONAS DE ENTRADA TEÑEN QUE ESTAR SEMPRE LIBRES PARA QUE POIDAN SER FLUÍDAS.

o   

DEIXADE UN PERÍMETRO DE 2 ou 3 METROS ARREDOR DE CADA ENTRADA.

o   

NON HAI QUE AMONTONARSE.

o   

NON HAI QUE PEGARSE AOS PORTAIS.

o   

NON HAI QUE INVADIR AS ZONAS DE PASO

o   

NON HAI QUE OCUPAR A DÁRSENA DE AUTOBUSES

1º ENTRA O ALUMNADO DE AUTOBÚS de 8:50h a 9:00h

Hai que deixar a entrada libre para que as acompañantes os poidan achegar até o portal e, unha vez  alí, o profesorado de garda xa os vai encamiñando para cada porta de entrada.

 Por favor,  pedímosvos que non esteades no portal esperandonin quededes na zona de entrada mirando, charlando, etc. Non é o momento de facer aglomeracións.

 

2º ENTRA O ALUMNADO NON TRANSPORTADO de 9:00h a 9:05h - 9:10h

Igualmente hai que deixar a entrada libre.  

 

Non é necesario nin prudente que cheguedes antes das 9:00h.

Si deixades que as vosas fillas e fillos se acheguen sós á entrada todo resultará mellor.

Normalmente deixamos os portais abertos até ás 9:05-9:10h 

Por favor, continuemos sendo responsables, colaboremos todas e todos.

Grazas!

Concreción curricular da avaliación na educación primaria

Segundo o disposto na  Disposición transitoria cuarta da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 Os centros docentes disporán dun prazo de 2 meses para adaptar a súa concreción curricular para adecuala aos cambios normativos na avaliación, na promoción e na titulación.

 Co fin de garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento se valore consonte criterios de plena obxectividade, os centros docentes adoptarán as medidas precisas para facer públicos e comunicar ás familias os criterios de promoción e, de ser o caso, os criterios de titulación que resultarán de aplicación no curso 2021-2022.

Concreción curricular

Avaliación

 

 A avaliación da aprendizaxe do alumnado levarase a cabo tomando como referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos da etapa os criterios de avaliación e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe que se recollen no Decreto105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Os referentes da avaliación no caso do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao curso ou á etapa seguinte.

 A avaliación do alumnado será continua e global, e terá en conta o seu progreso no conxunto dos procesos de aprendizaxe.

 No contexto deste proceso de avaliación continua, cando o progreso dunha alumna ou dun alumno non sexa o axeitado estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, con especial seguimento da situación do alumnado con necesidades educativas especiais, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.

A avaliación das competencias clave está integrada na avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado, na medida en que ser competente supón mobilizar os coñecementos, as destrezas, as actitudes e os valores para dar resposta ás situacións expostas, dotar de funcionalidade as aprendizaxes e aplicar o que se aprende desde unha formulación integradora. 6. Na valoración do desenvolvemento das competencias do alumnado teranse en consideración, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe das diferentes áreas que se relacionan cunha mesma competencia, os cales conforman o perfil desa competencia.

 

Promoción

Ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto da etapa, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de xeito colexiado, tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor. A promoción no resto de cursos da etapa será automática.

 O alumnado que acade a promoción de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara o curso anterior.

 O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase se, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender o desfasamento curricular ou as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno, o equipo docente considera que a permanencia un ano máis no mesmo curso é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento. Nese caso, o equipo docente organizará un plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes. Esta decisión só poderá adoptarse unha vez durante a etapa, oídas as nais, os pais ou as persoas que exerzan a titoría legal, e terá, en todo caso, carácter excepcional.

 Para a elaboración e o seguimento do plan específico de reforzo, a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 50 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Ao finalizar os cursos segundo e cuarto da etapa o profesorado titor emitirá un informe sobre o grao de adquisición das competencias de cada alumna ou alumno, indicando, de ser o caso, as medidas de reforzo que se deben prever no ciclo seguinte.

 Co fin de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, cada alumna ou alumno disporá ao finalizar a etapa dun informe elaborado pola súa titora ou polo seu titor sobre a súa evolución e o grao de adquisición das competencias desenvolvidas. No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, o informe deberá reflectir as adaptacións e medidas adoptadas, e a súa necesidade de continuidade na seguinte etapa escolar.

 

Pasamento

Estimados membros da comunidade educativa,

Con fondo pesar e moita dor queremos comunicarvos o falecemento da nosa compañeira e amiga, a mestra Ana Katterina Gómez Pardo.

Queremos honrar a súa memoria e mantela sempre no noso recordo tal e como ela era, alegre, xovial, xenerosa e resolutiva.

 

Que a terra che sexa leve, benquerida Katty!

 

Cando penso que te fuches
Negra sombra que me asombras
ó pé dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa
Cando maxino que es ida
No mesmo sol te me amostras
I eres a estrela que brila
I eres o vento que zoa
Si cantan, es ti que cantas
Si choran, es ti que choras
I es o marmurio do río
I es a noite i es a aurora
En todo estás e ti es todo
Pra min i en min mesma moras
Nin me dexarás nunca
Sombra que sempre me asombras

Rosalía de Castro. Negra Sombra. Follas Novas 1880

NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO - 01/04/2022

Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

 

A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

 

Poden consultar o documento completo aquí

ADMISIÓN 2022/23

Comunicámoslles que todas as solicitudes de admisión resultaron admitidas provisionalmente.

Aviso sobre roupa e obxectos perdidos

Estimadas nais, pais, familias

Temos unha cantidade considerable de roupa e obxectos perdidos. Agradeceriámoslles que si botan algo en falta pasen por conserxaría as tardes dos luns, mércores e xoves, en horario de 16:30h a 18:30 para preguntar e, de ser o caso, recoller.

Grazas pola súa colaboración.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España. 

Proceso de renovacion e preinscricion dos servizos complementarios: bos días cole, comedor escolar, tardes divertidas

Apertura do proceso de renovacion e preinscricion dos servizos complementarios de educacion: bos días cole, comedor escolar e tardes divertidas.

Prazo do 1 ao 31 de marzo

 

RENOVACIÓN

PREINSCRICIÓN

Distribuir contido