Material escolar na aula

Estimadas nais, pais, familias,

Queremos comunicarvos que por acordo unánime do claustro de profesorado, na sesión ordinaria celebrada o luns 25 de outubro, despois de analizada a evolución positiva da situación sanitaria derivada da COVID19, tomamos a decisión de relaxar unha das medidas adoptadas a principio de curso relacionada co material escolar das vosas fillas e fillos.

A decisión é que a partir do vindeiro martes 2 de novembro de 2021 o alumnado poderá deixar o material escolar na aula, no propio pupitre ou noutro lugar diferenciado, como casilleiros ou mobles. O alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes e na medida do posible todo rotulado co seu nome. Nas perchas o material ou roupa colocárase do xeito mais individualizado posible.

Aínda así, cando se use material susceptible de ser compartido lembraráselle ao alumnado a necesidade e importancia da hixiene de mans antes e despois de usar o material.