Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 23/05/2023 09:06
Esta mañá, todo o cole gozou dunha actividade de astronomía da man de Julio e Mónica.
Compartiron con nós a súa afición polo universo que nos rodea.
Aprendemos moito e quedamos con ganas de saber máis!!
Grazas por visitarnos! Ata outra!
Start: 23/05/2023 10:27
Xa está publicado no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2023-2024.
O alumnado que pode solicitar estas axudas é: -1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material. -3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.
* Presentación de solicitudes: ata o 21/06/2023
Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:
2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:
Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES Para máis información sobre a Chave 365: htts://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).
4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"
5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.
7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.
Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade... O horario de presentación no centro será todos os días de 8:50-9:30 ou de 13:00 a 13:35 e os martes de 16:00-18:00. No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.
A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2021.
Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.
Start: 23/05/2023 11:45
XXIV Festival de títeres de Redondela Hoxe o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria aproveitaron a viaxe en bus para merendar e xogar no parque de Redondela e despois ver a obra “Trapito viajero”. Mergullámonos na historia de Mara, unha nena con moito apego cara o seu trapito. Éste viaxou por moitos lugares ata reencontrarse coa súa gran amiga. Toda a viaxe acompañada de música para gozar do espectáculo!!
Start: 23/05/2023 17:28
Neste precioso día de primavera, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha visita ao Museo do Mar e máis unha merenda e tempo de ocio na alameda de Bouzas. No museo, viron, tocaron e estiveron en contacto con seres vivos e inertes que espertaron o seu interese polo mundo mariño. Non o puideron pasar mellor!
|