Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 02/12/2022 08:57
Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. As actividades darán comezo o 23 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24,25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro). A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada. Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello. O prazo para a presentación de solicitudes será do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos. Para máis información pinchade no seguinte enlace: http://redondela.gal/es/anuncios
|