Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Novembro 25, 2020
Start: 25/11/2020 21:11

Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades.

A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!

 

  

 

Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.

 

 

Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.

 

"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Mércores Decembro 02, 2020
Start: 02/12/2020 08:59

Aquí vos deixamos o menú do mes de Decembro. BO PROVEITO!!!

Xoves Decembro 03, 2020
Start: 03/12/2020 10:25

Hoxe é un día importante, hoxe é o "Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade".

Este ano a celebración fixémola toda a comunidade educativa participando na iniciativa "Baixo O Mesmo Paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.

Por eso as familias e docentes abrimos os nosos paraugas cara a inclusión. Aquí deixamos estas fotos tan divertidas!!! Gracias por participar!!!

 

Martes Decembro 22, 2020
Start: 22/12/2020 08:15

 

Dende o cole este ano celebramos as diferentes tradicións de fin de ano "around the world". 

Non vos perdades estas costumes e o ben que o fixeron os nenos e nenas. Están feitos uns grandes artistas!!

Desfrutade das vacacións e vémonos no 2021 con moitas ganas!!

 

 

*Pinchade na imaxe*

 

Start: 22/12/2020 13:02

Un ano máis chega unha nova edición do "Agasalla en galego". 

Sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas datas un chisquiño máis!!

Mergulládevos no seguinte video para ver que nos recomenda a Caracola Tola!!

Distribuir contido


by Dr. Radut