Eventos
O pasado venres 20 de novembro celebramos o "Día Mudial da Infancia".
Este ano os/as nenos/as de Angorén convertíronse en verdadeirxs superheroes e superheroínas!!!
Estamos moi orgullosxs de como manexades a situación e respectades esta nova situación e todo o que implica.
Este video vai por vós!!!
"Un gran poder conleva unha gran responsabilidade"
Seguiremos loitando polos vosos dereitos sempre.
Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades.
A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!
Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.
Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.
"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO"
Aquí vos deixamos o menú do mes de Decembro. BO PROVEITO!!!
Hoxe é un día importante, hoxe é o "Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade".
Este ano a celebración fixémola toda a comunidade educativa participando na iniciativa "Baixo O Mesmo Paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.
Por eso as familias e docentes abrimos os nosos paraugas cara a inclusión. Aquí deixamos estas fotos tan divertidas!!! Gracias por participar!!!
Un ano máis chega unha nova edición do "Agasalla en galego".
Sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas datas un chisquiño máis!!
Mergulládevos no seguinte video para ver que nos recomenda a Caracola Tola!!