Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Novembro 16, 2020
Start: 16/11/2020 15:05

 

Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado beneficiario de máscaras por parte do centro. Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 16 ao 27 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono de centro: 886120405.

Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€.

- Alumnado matriculado en Educación Especial.

- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Podedes consultar a información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf

 

 

 

 

Mércores Novembro 18, 2020
Start: 18/11/2020 09:12
Martes Novembro 24, 2020
Start: 24/11/2020 17:52

O pasado venres 20 de novembro celebramos o "Día Mudial da Infancia".

Este ano os/as nenos/as de Angorén convertíronse en verdadeirxs superheroes e superheroínas!!! 

Estamos moi orgullosxs de como manexades a situación e respectades esta nova situación e todo o que implica. 

Este video vai por vós!!!

 

 

"Un gran poder conleva unha gran responsabilidade"

Seguiremos loitando polos vosos dereitos sempre.

 

Mércores Novembro 25, 2020
Start: 25/11/2020 21:11

Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades.

A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!

 

  

 

Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.

 

 

Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.

 

"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Mércores Decembro 02, 2020
Start: 02/12/2020 08:59

Aquí vos deixamos o menú do mes de Decembro. BO PROVEITO!!!

Xoves Decembro 03, 2020
Start: 03/12/2020 10:25

Hoxe é un día importante, hoxe é o "Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade".

Este ano a celebración fixémola toda a comunidade educativa participando na iniciativa "Baixo O Mesmo Paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.

Por eso as familias e docentes abrimos os nosos paraugas cara a inclusión. Aquí deixamos estas fotos tan divertidas!!! Gracias por participar!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut