Hoxe desfrutamos do Día da Paz baixo o lema “bocado a bocado, comparte con quen tes o lado”.
Fixemos unha gran merenda na que puidemos gozar da compañía das outras compañeiras e compañeiros do cole, compartindo a nosa comida. Desta forma, puxemos en práctica actos como o establecemento das relacións sociais, a compartición, a unión, a diversidade culinaria, o respecto…
Non puidemos comer unha mellor merenda e desfrutar máis do Día da Paz no cole Angorén!!
O alumando de 6° non lle ten medo á choiva, nin ao frío, nin moito menos ao reto que lles propuxemos: iniciarnos no waterpolo.
Pasamos unha mañá moi divertida xunto cos nosos compis do resto dos coles de Chapela (Igrexa-Chapela e Laredo) así como os monitores que nos guiaron e convidaron a esta fantástica experiencia!
Celebramos 100 días vindo ó cole; descifrando códigos, creando gafas, coloreando, facendo grafismo, conteo, pulseiras…. Traballaron a
poesía Haiku, 100 palabras positivas en distintos idiomas, melloraron o cálculo, crearon escritos e estableceron propósitos para cando teñan una centena de anos!!! O alumnado do Alexandre Bóveda aproveitou esta celebración para interiorizar, aprender, lograr e o que é máis importante, SUPERARSE!
Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vai cursar a ESO no IES CHAPELATedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear.Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. Na propia aplicación tedes un manual de instrucións para calquera dúbida.No caso de non querer reservar praza en devandito centro adscrito, tedes que comunicalo enviando un correo electrónico ao centro: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Hoxe foi un día moi especial. O cole trasladouse ó Circo do Nadal. Decembro é un mes moi especial, cheo de maxia e ilusión. Esta época do ano ten un brillo especial e hoxe mergullámonos un pouquiño máis nela
Dende os máis pequenos de infantil ata os máis maiores de primaria, todos gozamos dun espectáculo máxico
Una historia que amosaba como con creatividade podemos atopar solucións ós contratempos e problemas. Así disque naceu a receita do Roscón de Reis
Dende acróbatas a malabaristas, foi unha xornada na que non faltaron as gargalladas nin as caras abraiadas.
Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
As actividades darán comezo o 23 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24,25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro).
A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.
Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.
Para máis información pinchade no seguinte enlace:
Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña.
Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no
laboratorio!!
Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda...
Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome.