Skip to Content

Actividades

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O venres 20 de maio celebramos o día das letras galegas, que este ano estivo adicado a Florencio Delgado. 

Para conmemorarlo no centro levamos a cabo un quebracabezas xigante coa caricatura do autor. Cada aula decorou libremente unha peza que logo colocaría nun panel ata ter o quebracabezas completo. 

DÚAS DIVERTIDAS SESIÓNS DE XOGOS ENXEBRES

 

Para rematar o mes de maio e comezar xuño que mellor que facendo de xeito divertido cunha das actividades que máis nos gustan, xogando...e así foi... dous días de diversión con xogos tradicionais que nos deixaron os nosos compañeiros do CIFP Portovello de Ourense.

No auditorio do cole colocaronse en distintos recunchos para que todo o alumnado pasara por todos.

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

 

Cando chega este mes no cole poñémonos a pensar nos maios. Esta festa anuncia o esplendor das flores e a despedida do cru inverno. Celébrase desde tempos moi remotos en distintos lugares de Galicia, aínda que en Ourense ten un carácter máis destacado e singular.

Este curso, relacionando coa liña temática que estamos traballando que é O Camiño de Santiago, puxémonos mans á obra para facer un hito.

ACTIVIDADE DE CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

 

A  semana pasada estivemos traballando distintos aspectos en relación ao 8 de marzo. Cada aula empregou e adaptou distintos materiais que compartimos nun genially para tal fin.

AS ORDES DE PERICO

Tempo de festa...tempo de Entroido!!!

Atentas e atentos ao que nos pide Perico... para vir a próxima semana preparadas e preparados e...o maís importante...que a festa non pare!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut