Skip to Content

Actividades

SÓ XAMPATITO PATO

Hoxe pola mañá fixemos unha pequena saída ata o auditorio de Ourense para ver o espectáculo de circo-teatro "SÓ" de XAMPATITO PATO. Os nen@s agardaban con moita ilusión a chegada deste día..., ir en autobús todos xuntos e desfrutar dunha mañá diferente e divertida.

PREPARANDO O ACUARIO

Hoxe tocaron tarefas de iniciación do acuario logo da limpeza que se lle rematou de dar onte.

Foron Yerai e Ángel os encargados de encher con auga limpa, facer cálculos e botar as bácterias, poñer os programador para as horas de luz e tamén ver que produtos hai que repoñer.

Fixeron un gran traballo e cremos que nun par de semanas xa teremos os peixes dentro!

MAGOSTO

Magosto, magostiño, chegaches co San Martiño!!

O pasado 10 de novembro celebramos o Magosto no cole.

Xogamos, cantamos e bailamos, foi un día para lembrar...

 

E, POR FÍN,CHEGOU O SAMAÍN

Un ano máis chegou o Samaín/Halloween ó noso colexio.

Despois dunha semana chea de traballo e implicación decorando terrorificamente para a ocasión, o xoves leváronse a cabo as distintas actividades programadas:

RECOLLIDA DO PREMIO DE NÓS TAMÉN CREAMOS

O pasado mércores, 28 de outubro, desprazámonos ata Santiago de Compostela un pequeno grupo de alumnado, mestres e unha coida para asistir ao acto de entrega de premios ás curtas de animación en galego, no marco do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos" no cal resultamos gañadores.

Foi un acto moi emotivo, presentado por Paco Nogueiras e compartido con outros dous centros de Educación Infantil e Primaria.

XOGOS E FESTA DE FIN DE CURSO

Aínda que o tempo se puxo algo máis frío do que esperabamos e tivemos que deixar os xogos de auga para outra ocasión...pedazo festa e despedida do curso fixemos o día 21 de xuño...Que bos momentos pasamos nos distintos xogos que se repartiron polo patio, nos hinchables e coa festa da espuma!!!

Ollade as fotos e comprobadeo!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut