Skip to Content

Actividades

BAIXO O MESMO PARAUGAS. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O pasado venres, día 2 de  decembro adiantámonos un pouco para conmemorar no centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Contamos coa colaboración da profe Vane, que estivo o curso pasado no cole, para facer a presentación e levar o fío condutor da sesión que se levou a cabo no auditorio do cole despois do recreo e durou ata a hora de comer.

DÍA DA DISCAPACIDADE

3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

"As dificultades preparan a persoas comúns para destinos ectraordinarios".

MAGOSTO COMPARTIDO

O pasado mércores día 30 de novembro fixemos unha visita moi especial ao CEE Infanta Elena de Monforte.

Unha xornada chea de encontros, reencontros e moitas emocións. Mirade...

SÓ XAMPATITO PATO

Hoxe pola mañá fixemos unha pequena saída ata o auditorio de Ourense para ver o espectáculo de circo-teatro "SÓ" de XAMPATITO PATO. Os nen@s agardaban con moita ilusión a chegada deste día..., ir en autobús todos xuntos e desfrutar dunha mañá diferente e divertida.

PREPARANDO O ACUARIO

Hoxe tocaron tarefas de iniciación do acuario logo da limpeza que se lle rematou de dar onte.

Foron Yerai e Ángel os encargados de encher con auga limpa, facer cálculos e botar as bácterias, poñer os programador para as horas de luz e tamén ver que produtos hai que repoñer.

Fixeron un gran traballo e cremos que nun par de semanas xa teremos os peixes dentro!

MAGOSTO

Magosto, magostiño, chegaches co San Martiño!!

O pasado 10 de novembro celebramos o Magosto no cole.

Xogamos, cantamos e bailamos, foi un día para lembrar...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut