Skip to Content

blogue devanesa

PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN DE MILLO

Durante este curso, levamos a cabo esta actividade entre o Terceiro Nivel e o Obradoiro de Exploramos cos sentidos. Foi un traballo colaborativo no que desenvolvemos  o proceso de elaboración do pan de millo.

CONCERTO DE PEDRO CAMPOS.

RESUMO DO OBRADOIRO APRENDEMOS MEDRANDO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Compartimos con tod@s vos un vídeo resumo de distintos momentiños do alumnado que participou durante este trimestre no Obradoiro Aprendemos Medrando.

SAÍDA AO AUDITORIO: FEO

 

Hoxe tocou saída ao auditorio para ver a obra FEO, un espectáculo de Caramuxo Teatro inspirado no Parrulo Feo de Hans Cristhian Andersen.

FACER CHULAS EN 5 MINUTOS

Compartimos con todos vós un traballiño que fixemos no segundo trimestre no obradoiro de Aprendemos medrando. 

Durante ese tempo fixéronse moitas receitas e coa das CHULAS levamos a cabo outro traballo complementario e fixemos este paso a paso para que tod@s podades poñervos mans á obra e merendar este manxar!!!

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES 2023

 

O pasado xoves comezamos coas actividades relacionadas co Día do Libro. Neste caso, o alumnado do PFB por parellas ou ben de xeito individual, foi pasando polas distintas aulas exercendo de madriñas e padriños lectores para agasallar aos seus compañeiros e compañeiras con distintas lecturas.

Calquera momento e espazo é  estupendo para gozar dunha bonita historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut