Skip to Content

PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN DE MILLO

Durante este curso, levamos a cabo esta actividade entre o Terceiro Nivel e o Obradoiro de Exploramos cos sentidos. Foi un traballo colaborativo no que desenvolvemos  o proceso de elaboración do pan de millo.

Empezaron os compañeiros e compañeiras do Obradoiro  coa sementeira e recollida de millo e logo, xa se encargaron no Terceiro nivel do resto de pasos. Esta última parte, levouse a cabo os mércores (a última hora) do mes de maio e as xuntanzas fixémolas no apartamento.

O alumnado tivo que debullar e logo moer o millo para facer a fariña. Empregouse un muiño electrico que trouxo a profe Marisa.

A continuación, o día que nos dispuxemos a amasar...tivemos que peneirar antes a fariña e logo xa, mesturar os ingredientes e seguir a receita tradicional para facer o pan. 

Aproveitamos para amosarlle ao alumnado as diferenzas entre a fariña de millo e a de trigo.

Cremos que unha das partes do proceso que máis lles gustou foi a de amasar!!! Pasámolo moi ben experimentando coa masa!!!

Fixemos distintos boliños e formas variadas de pan que metemos ao forno para cocer e logo cada un/unha levou para a súa casa para degustar na merenda!

Toda unha experiencia e... saiunos MOI MOI RICO!!!

 



blog | by Dr. Radut