Skip to Content

blogue devanesa

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado xoves celebramos na biblioteca do cole, acompañados dos nosos amiguiños Perico e Piruleta, o Día de Rosalía de Castro. O día que se conmemora é o 24 de febreiro pero como este ano coincidiu coas vacacións de Entroido tivemos que pospoñer uns días o acto.

Desde as 12:10 da mañá e en 5 grupos diferentes o alumnado, acompañado dos seus profes e coidadores, baixou a biblioteca para levar a cabo as actividades.

CONCURSO LINGUA DE NAMORAR 2020

O día que recibimos o correo no que se nos presentaba a oportunidade de participar con algúns dos nosos alumnos e alumnas neste pequeno concurso, dentro do CEE Miño non  o dubidamos e puxémonos mans á obra.

Así, e en poucos días decidimos que a nosa alumna Sofía Iglesias era unha moi boa candidata para participar neste concurso en lingua galega.

PRESENTACIÓN DO CONTO: O CAPITÁN INCLUSIVO

Onte pola mañá tivemos  a visita do profesor Uxio e o seu  grupo de alumnos e alumnas do IES Portovello do ciclo formativo de Atención a persoas en situación de dependencia que viñeron a biblioteca do cole a presentarnos o libro: O CAPITÁN INCLUSIVO.

 

Trátase dunha serie de contos inventados por estes rapaces e rapazas, cheos de cor e adaptados con moitas texturas que estiveron presentando ao noso alumnado.

SAÍDA AUDITORIO: O LOBO E A LÚA

Bo día!!!

Hoxe tocou saída!!!

Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.

ENTROIDO 2020

 
 

AS SENSACIÓNS EN MULTISENSORIAL

Distribuir contido


by Dr. Radut