Skip to Content

CONCURSO LINGUA DE NAMORAR 2020

O día que recibimos o correo no que se nos presentaba a oportunidade de participar con algúns dos nosos alumnos e alumnas neste pequeno concurso, dentro do CEE Miño non  o dubidamos e puxémonos mans á obra.

Así, e en poucos días decidimos que a nosa alumna Sofía Iglesias era unha moi boa candidata para participar neste concurso en lingua galega.

A ela parecéulle moi boa idea e ademáis facíalle especial ilusión. A participación básase na escritura dunha mensaxe de texto, en verso ou prosa ao gusto do alumno cun máximo de 350 caracteres. Unha mensaxe de amor, en lingua galega e para rapaces e rapazas entre os 14 e 35 anos (como se dunha mensaxe enviada a través da aplicación watsapp se tratase).

Tiñamos de prazo ata o día 9 de marzo, pero dada o facilidade artística de Sofía para crear o seu texto e expresar o que sinte...o venres día 6 xa foi enviada a súa participación  a través do formulario facilitado polo propio concurso.

O proceso, foi marabilloso, Sofía afondou nos seus sentimentos dunha maneira extraordinaria e para os mestres que a acompañamos neste proceso creativo foi toda unha experiencia de emocións e aprendizaxe tamén para nós.

A nosa alumna mostra sempre unha disposición pasmosa para todo o que se lle propón e iso, unha vez máis, facilitou  moito o proceso.

Creado o seu texto, pasou a escribilo de maneira telemática no formulario que enviou máis tarde. En todo momento o proceso resultoulle moi emocionante.

Rematamos e démonos conta de que xa tiñamos gañadora do concurso; para o CEE Miño, Sofía é a nosa gañadora. Pase o que pase, ela xa gañou.

A sorte desexámoslla aos demais, a ver se son capaces de ver en ti o que todos nos vemos a diario.

 



blog | by Dr. Radut