Skip to Content

blogue devanesa

Rutinas

ADIANTE POLOS SOÑOS QUE NOS QUEDAN!!! MOITO ÁNIMO

Pasan as semanas e ás veces vólvense costa arriba...pero cada día que pasa falta menos... e CONSEGUIRÉMOLO!!!

O noso maior desexo e que esteades ben e con forza e ánimo para seguir.

Nós botámosvos en falta e queremos enviarvos este vídeo cargado de mensaxes cheas de cariño e forza.

TODO SAIRÁ BEN!!!

TAREFAS DO 2º TRIMESTRE NO OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS

Durante o segundo trimestre, polas tardes, no Obradoiro de Exploramos cos sentidos fixemos distintas tarefas.

Aquí vos deixamos unha presentación con fotos que agardamos que a disfrutedes!!!

EXPERIMENTOS PARA OS DÍAS DE COLE A DISTANCIA

Ola familias, ola rapaces e rapazas, que tal seguides?

Como xa fostes vendo, ata agora neste apartado foron aparecendo resumos de moitas actividades que fomos facendo na aula, penso que unha maneira de manternos unidos é recordando as nosas rutinas, os nosos compañeiros e compañeiras e aquelas actividades que faciamos fai só uns días todos xuntos e das que tando disfrutamos.

ALGUNHAS SESIÓNS CON ARDAI

Aquí vos deixamos esta presentación con algunhas fotiños de distintas sesións con Andrea y os peludos que veñen de Ardai semana tras semana para compartir con nós momentos moi especiais.

Un día fixemos o xogo das emocións, outro día fomos para a sala de Terapia e estivémola decorando, coidamos e mimamos a Cachelo e Grelo e fixémoslle un disfraz a ToñitoSorriso

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O pasado mércores 11 de Marzo, celebramos no CEE Miño o "Día Internacional da muller traballadora".
Distribuir contido


by Dr. Radut