C1202005 - Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro
Enviado por pedrolado a Mér, 17/10/2012 - 09:26Sección:
Áreas-CAFI:
Sección:
Áreas-CAFI:
Sección:
Áreas-CAFI:
Sección:
Áreas-CAFI:
Sección:
Áreas-CAFI:
O Centro de Formación e Recursos da Coruña é un órgano, dependente do servizo de Formación do Profesorado
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivos a formación permanente do profesorado,
o intercambio de experiencias e reflexión sobre os procesos educativos
xunto coa dinamización pedagóxica dos centros como elementos vertebradores do sistema educativo.
Este Centro desenvolve a súa actividade de forma coherente cos plans de formación que demanda
o sistema educativo e coas necesidades de actualización pedagóxica e científica sentidas e manifestadas polos docentes.
O Centro de Formación e Recursos da Coruña debe estar vencellado aos centros educativos do seu ámbito territorial.
É responsabilidade de todos conseguir que este centro sexa un lugar de colaboración, contribuíndo a consolidar o labor docente entendido
non como un simple traballo illado na aula senón como unha actividade máis complexa e creativa, que desenvolve e adapta os currícula ao contexto socio-educativo.
O Centro de Formación e Recursos da Coruña, ten como principais funcións:
MISIÓN
Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.
VISIÓN
Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.
VALORES
Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.
Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.
Summary:
Sábado 20 de outubro:
Andrade e a vila de Cee no seu contexto histórico.
Victor Manuel Castiñeira Castro. Historiador. Técnico de Cultura do Concello de Cee
Sábado 27 de outubro:
Domingo de Andrade, mestre do barroco galego.
Antonio Francisco Leis Castro. Profesor no Colexio Estudiantes de Madrid
Sábado 4 de novembro:
A Arquitectura de Domingo A. Andrade
Juan Creus Andrade. Arquitecto. Profesor na E.T.S.A. da Universidade de A Coruña
O ciclo desenvolverase no Salón de Sesións da Casa do Concello a partir das 19.00 horas
Sábado 17 de novembro
Roteiro pola obra de Andrade. Visita a Santiago de Compostela
Inclúe a visita á catedral, Prazas da Quintana, Praterías e Museo de Pobo Galego (exposición conmemorativa sobre a figura de Andrade
Summary:
Xúntase a Proposta de resolución do 15 de outubro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitarianos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012-2013, conforme aos criterios de selección recollidos na Resolución do 22 de maio de 2012 (DOG do 28).
Prazos:
Documentación:
A rede de formación permanente do profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguranza da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.
Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:
O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.
A achega de valor ao profesorado, ao persoal do centro, ás escolas de nais e pais escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.
A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora destes.
A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o seu nivel de logro.
Requisitos implícitos, explícitos, do usuario, regulamentarios e os propios da nosa organización.
Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:
Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.
Medición e análise periódica da satisfacción de servizos polos usuarios.
Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o seu cumprimento. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.
O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas da rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como o de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.
POLÍTICA PEDAGÓXICA
A rede de formación ten en conta as seguintes directrices:
Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.
Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran os plans anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.
Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.
Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ao profesorado e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.
Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.
Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.
Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.
Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.
Dar soporte ás Escolas de Nais e Pais.
Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.
Asegurar a profesionalidade e compromiso das persoas da rede de formación, proporcionándolles o clima adecuado, os recursos precisos e a formación necesaria.
Desenvolver unha relación baseada no beneficio mutuo co profesorado, para proporcionar un servizo eficaz e eficiente.
Conseguir o máis alto nivel de desempeño en todos os procesos e especialmente naqueles que teñen relación directa coa satisfacción dos grupos de interese.
Asegurar o comportamento ético nas relacións con todos os grupos de interese, así como no cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables.
Esta Política de Calidade é o marco de referencia que se utiliza para a fixación e o seguimento dos obxectivos anuais.