Aberta a inscrición para a formación en PROENS

Cursos na Rede de 20 horas de duración
Ven, 10/03/2023 - 15:00
Curso_PROENS
Imaxe cursos PROENS

Dispoñibles en Fprofe para a inscrición as actividades na Rede:

G2201112 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS para Infantil e primaria

G2201109 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS secundaria

Duración: 20 horas

Modalidade: na Rede (Platega)

Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura básica do novo modelo curricular galego e dos elementos que o conforman, así como as relacións que entre eles se establecen e as posibilidades prácticas que permiten.

2.Realizar un primeiro achegamento práctico á aplicación informática corporativa para a elaboración de programacións nas etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

3.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

Contidos:

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

Data límite de inscrición: 30 de abril de 2023

Inicio do curso: maio de 2023