Competencia dixital docente

 

banner competencia dixital

A UE e a OCDE (dentro dos criterios de excelencia educativa) definen a formación permanente como un proceso estratéxico, cuxas liñas de desenvolvemento son:

  • O desenvolvemento de competencias profesionais
  • A formación ao longo da vida: avaliación e desenvolvemento profesional
  • O centro educativo como núcleo da formación
  • A relación estreita entre formación e innovación

A forte dixitalización da sociedade e polo tanto do ensino, alén das directrices internacionais, urxe ás administracións educativas á creación de marcos competenciais que dean conta das capacidades, habilidades e destrezas dunha persoa docente para o ensino con soporte dixital ou mediado por tecnoloxía.

Competencia Dixital DocenteCon esta idea principal presente, a UE fixa no ano 2017 o primeiro Marco europeo para a competencia dixital dos educadores (DigCompEdu. Comisión Europea 2017), cuxo obxectivo era proporcionar un marco de referencia xeral ás administracións e institucións educativas desenvolvedoras de modelos de competencia dixital, e adicadas á formación do profesorado.

Neste Marco inicial contemplábanse 22 competencias organizadas arredor de 6 áreas.

 

A Conferencia Sectorial de Educación, composta polo Ministerio de Educación e FP e as Comunidades Autónomas aproba o 02.07.2020, e tras tres anos de traballo, a primeira proposta de Marco, que aínda debería sufrir modificacións, tanto na definición de competencias coma na denominación das áreas, e que culmina coa publicación da Resolución do 04.05.2022, na que se reflexa un modelo artellado arredor de 6 áreas competenciais, que se subdividen en 23 competencias con 6 niveis de desempeño respectivamente, cos seus correspondentes indicadores de logro.
Táboa Resumo áreas e competencias
Moi significativo é, neste modelo, o feito de que non se centre so nas competencias que a persoa docente debe ter para desenvolver a súa profesión, senón tamén nos efectos que este feito desencadea sobre o alumnado, dando lugar así ás áreas 5 o 6, tal e como se reflicte neste esquema.
Táboa Resumo Ámbitos Áreas

Marco CDDO documento resultante artella a Competencia Dixital Docente arredor de seis niveis agrupados á súa vez en tres, parellos a aqueles definidos para o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas. Igual que neste último, é o nivel A o de iniciación e coñecemento, o B o de adopción e adaptación e o C o de transformación e liderado.

O Ministerio e as Comunidades Autónomas chegan a un acordo para establecer un procedemento común de aplicación do Marco e da acreditación e recoñecemento da Competencia Dixital Docente, que abre a vía para elaborar en cada comunidade unha normativa propia e específica que regule este procedemento. Ese acordo faise público na Resolución de 1 de julio de 2022, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial.

 

 

O documento orixinal en castelán pode ser consultado aquí.

A Xunta de Galicia encadra a Competencia Dixital Docente na Estratexia 2030 para a dixitalización e comeza así os pasos para formar, promover e incentivar o seu desenvolvemento no profesorado galego, ao tempo que artella os mecanismos administrativos para facilitar a acreditación e que se concreta no eido educativo na Estratexia Educación Dixital 2030.Estratexia 2030