Configuración da aula virtual para Moodle Mobile

1 Que é Moodle Mobile?

Que é Moodle Mobile?

Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS, e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows.

Esta app únicamente funcionará cos sitios Moodle (Aulas Virtuais) que estean previamente configurados para permitilo. A configuración necesaria debe ser realizada polo/s administrador/es de cada "Aula Virtual (Moodle).

Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:

  1. Moodle Mobile (para Moodle 3.1 ou superior)
  2. Moodle Classic (para Moodle 2.4 ata 3.0).

No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic.

Aínda que na documentación faise referencia á app Moodle Mobile, no noso caso estaremos falando sempre da app Moodle Classic. Cando se elaborou esta documentación só existía á primeira e cando actualicemos a nosa versión de Moodle voltaremos a utilizala, así que decidimos manter a documentación como está.

Vídeo oficial de presentación de Moodle Mobile 3.1
(en inglés)