Configuración da aula virtual do centro para o inicio do curso 2020/2021

Nesta páxina descríbense as tarefas que cada centro educativo debe levar a cabo na súa aula virtual dentro do proxecto Webs Dinámicas durante este mes de setembro de 2020 para cumplir co que esixe o protocolo COVID no seu apartado 29 en relación a aula virtual do centro.

Documentación completa!

Antes de nada é preciso dispoñer dos datos de acceso á aula virtual con permisos de administración. No caso de non dispoñer destes datos debedes consultar esta documentación. De non ser quen de acceder con esas instrucións debedes escribir a websdinamicas@edu.xunta.gal

Accións a levar a cabo:

1. Organizar a aula virtual en categorías. Recoméndase facelo por etapas/niveis educativos.

2. Dar de alta o profesorado. Recoméndase activar o autorexistro de usuarios para que o profesorado se dean de alta por si mesmos.

3. Crear os cursos. Dúas opcións para facelo:

    • O administrador crea os cursos:
      1. Crear os cursos correspondentes a cada categoria por materia/grupo. Para a mesma materia en dous grupos do mesmo nivel, p.e. Lingua Galega 1º ESO grupos A e B, basta con un só curso "Lingua Galega 1º ESO" se imparte o mesmo profe en ambos cursos ou incluso sendo distintos profes que queren compartir o mesmo material.
      2. Matricular co rol de Profesor/a en cada curso ao profesor/a ou profesores/as que o vaian impartir.

    • Cada profesor/a crea os seus cursos:
      1. O adminsitrador debe dar ao profesorado o rol de "Creador do curso". Ou ben ao nivel do sistema a todo o profesorado, ou ben ao nivel de cada categoría ao profesorado que terá cursos na categoría. Por simplificación recoméndase facelo ao nivel do sistema.
      2. Cada profesor crea os cursos que precisa nas categorías correspondentes. Neste caso o usuario que crea o curso pasa automaticamente a ter o rol de Profesor/a no curso creado.

4. Actualizar os usuarios do alumnado na aula virtual.

  • En primeiro lugar recoméndase dar de baixa o alumnado que abandona o centro ou incluso todo o alumnado do pasado curso 2019-20
  • No caso de dar de baixa ao alumnado do curso pasado, se vostede considera que debe salvagardar algún contido dun curso (como traballos ou probas avaliables, etc.) lembre que debe facelo antes do borrado dos usuarios. Pode empregar a funcionalidade de copia de seguridade do curso, escollendo a opción de incluir na mesma os datos do alumnado, e gardando nun almacenamento axeitado o arquivo de salvagarda. Poden cosultar esta documentación sobre as copias de seguridade de cursos en Moodle.
  • Recoméndase dar de alta de xeito masivo o alumnado do novo curso escolar mediante o informe AL955 do XADE.

5. Matricular ao alumnado en cada curso.

  • Pode facelo o administrador ou cada profesor/a nos seus cursos. O campo "Departamento" do perfil de cada alumno/a contendo un identificador do grupo ao que pertence procedente de XADE facilita moito a matriculación.

6. Dar acceso o/a inspector/a do centro.

  • Desde Webs Dinámicas crearase de oficio un rol "Inspección" asignable a nivel do sistema. O centro deberá crear manualmente o usuario para o/a inspetor/a co correo do mesmo e de xeito que as credenciais de acceso lle sexan comunicadas por correo electrónico automáticamente desde a aula virtual. Unha vez creado o usuario deberá asignarlle o rol "Inspección" a nivel do sistema.

7. Familiarizar ao alumnado co uso da aula virtual e coa metodoloxía a seguir.

  • O centro terá que organizar sesións co alumnado para que inicien sesión na aula virtual, muden o seu contrasinal, de ser o caso editen o seu perfil para actualizar o seu correo electrónico persoal, ver o xeito de acceder ao curso de cada materia, e dentro de cada materia ver a súa estrutura e practicar a ver as entradas nos foros e incluso crear algunha entrada nova.

Última modificación: Mércores, 23 de Setembro de 2020, 23:00