Na liña de transparencia e boas prácticas, a Consellería en materia de educación ven de poñer en marcha a aplicación para teléfonos móbiles e tabletas abalarMóbil. Con ela, dinamízase a comunicación entre as familias e os centros na procura da mellora do proceso educativo do alumnado.
Esta nova canle de comunicación está destinada para todo o alumnado pertencente ao sistema educativo non universitario, se ben é certo que neste momento está en fase de probas. Esperamos que o noso centro o teña operativo en breve. Se queres máis información, preme aquí.
Se queres descargate aplicación no teu móbil ou tableta captura o código QR correspondente.

Sistema Android -->
Sistema Iphone --> 
Xa desde o curso académico 2012-2013, no que o centro incorporouse á Rede abalar, comezamos a traballar nas liñas de actuación postas a funcionar dende a Consellería: Servizos de integración e participación entre a Administración e as familias (o espazo Abalar e analaMóbil), equipamentos e infraestrutura (dotacións), e formación e fomento da cultura dixital.
Se queres máis información sobre o Proxecto Abalar, preme aquí.
O espazo Abalar proporciona: (para tódolos niveis educativos do centro)
- Ás familias:
- Información directa do absentismo e seguimento académico dos fillos.
- Comunicación directa e multicanle co profesorado e titores: Solicitude de citas de titoría, xustificación de faltas de asistencia, consulta de incidencias e avisos.
- Accede á guía.
- Aos profesores:
- Facilita novas canles de comunicación entre pais, profesorado e a dirección do centro: Xestión de citas de titoría, avisos, incidencias e notificacións.
- Permite a consulta de información persoal e de ligazóns.
- Accede á guía.
- Aos centros.
- Dispón de un taboleiro virtual que permite manter informada a toda a comunidade educativa.
- Comunicación directa cos responsables e profesorado por medio de avisos a colectivos e a grupos.
- Accede á guía.
- A toda a comunidade educativa:
Equipamentos e infraestruturas:
- Nivéis educativos de 1º e 2º da ESO:
- Un ultraportátil para cada alumno/a.
- Un portátil por aula para uso do profesorado.
- Un encerado dixital interactivo.
- Un proxector.
- Un armario para a carga dos equipos.
- Rede Wifi de última xeración.
- Nivéis educativos de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e materias específicas (Música, Espazo Maker, Obradorio de tecnoloxía e Arte/Clásicas).
- Dez ultraportátiles para cada grupo.
- Un portátil por aula para uso do profesorado.
- Un encerado dixital interactivo.
- Un proxector.
- Un armario para a carga dos equipos.
Nas normas de organización e funcionamento (NOF) do noso centro temos unha Normativa de uso, mantemento e coidado do ultraportátil Abalar, preme aquí para visualizala.
Formación e fomento da cultura dixital:
- O obxectivo do Plan de formación é dar resposta ás necesidades do profesorado e das familias para acadar a plena integración das TIC no sistema educativo. A formación vai dirixida tanto aos coordinadores Abalar, coma ao profesorado que participa nas aulas Abalar; ás familias e ao profesorado que non estea a participar nas aulas Abalar. O plan de formación iniciouse o curso 2009/2010 e continúase na actualidade.