Skip to Content

Tecnoloxía

O alumnado de 3º da ESO participa na actividade "Imos limpar"

O pasado mércores día 10 de xaneiro o alumnado de 3º da ESO participou na actividade medioambiental Imos limpar, organizada pola OMIX do Concello de Soutomaior e o Dpto. de Tecnoloxía, que consistiu na recollida de residuos plásticos na praia do Puntal dentro do mesmo municipio.

A actividade comezou no instituto cunha pequena charla impartida por monitores expertos na materia, para despois facer o traballo de campo, onde as alumnas e alumnos puideron comprobar o problema dun consumo irracional dos plásticos e da pouca conciencia medioambiental que temos. O material recollido foi do máis variado: envases de distintos tipos e tamaños, tapóns, cordas, porexpán, xeringas, bastonciños dos ouvidos e restos da actividade pesqueira.

Despois da limpeza, unha parte do lixo foi recollido polos servizos de limpeza municipais e coa outra as alumnas e alumnos deseñaron unha pequena escultura para amosar e concienciar o resto do alumnado dun uso racional destes produtos.

Reciclaxe a través da arte, crónica da actividade no Faro de Vigo (10-01-2019).

Os nenos de Soutomaior pásanse ao 'trash art' e converten refugallos en obras de arte", nova e imaxes no Xornal de Vigo (10-01-2019).

Programación didáctica 2018-2019

Resultado de imagen de programación didactica Pinchando na imaxe pódese ver a programación do departamento de tecnoloxía para o curso 2018-2019

Visita a Galicia Skills (28-11-2018)

O pasado 28 de novembro, as alumnas e alumnos de 4º da ESO tiveron a ocasión de visitar o campionato de centros de FP "Galicia Skills", que se celebra cada dous anos no recinto feiral de Silleda. Trátase dunha experiencia única para ver "in situ" a oferta de ciclos formativos que existen na nosa comunidade autónoma; ciclos tan variados como ebanistería, robótica, mecatrónica, estética, hostalería,imaxe gráfico, mantemento de vehículos, mantemento aeronáutico... Con esta visita preténdese dar unha orientación académica complementaria á que se leva a cabo no propio centro a estes rapaces que o curso que vén optarán por cursar un ciclo ou un bacharelato.

Composición do departamento no 2019/20

No presente curso o departamento está composto polos seguintes membros:

  • Saínza Martínez López: imparte as materias de ITI (1º da ESO B e C), Tecnoloxía (3º ESO bilingüe e outro, 4º ESO A e B), Tecnoloxía industrial (1º de Bacharelato) e TICs (1º de Bacharelato). Tamén é a responsable da Dinamización TIC do centro.
  • Gabriel Muñiz Alonso: imparte as materias de ITI (1º da ESO A), Tecnoloxía (2º ESO A, B e C e 3º da ESO), e TICs (1º de bacharelato e 2º de bacharelato). Tamén é o Xefe do Departamento.
Distribuir contido


by Dr. Radut