O Centro de Formación de Recursos de Pontevedra organiza unha conferencia aberta a todas as familias, que co título “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” será impartida por Oscar Páramos, licenciado en psicoloxía, experto en comportamento deportivo e márketing dixital e Máster en psicoloxía infantil.
Esta conferencia enmárcase no programa "ENAPAS: A familia como motor de cambio" e versará sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.
Terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o luns 13 de decembro entre as 18:30 e as 20:30 h.