Skip to Content

Ráfting no río Ulla

Diversión, aventura, deporte, natureza... O alumnado de 1º de bacharelato despediu o curso na mañá do xoves 20 de xuño cun descenso en kayak polo río Ulla organizado polo Departamento de Educación Física. Para moitos/as foi a primeira vez que participaban nunha actividade deste tipo, outros/as tiñan máis experiencia, pero para todo o grupo foi unha xornada emocionante na que sentiron a forza de río. Os monitores de Amextreme Kayak guiaron magnificamente e con profesionalidade cada embarcación, dando todas as indicacións oportunas para facer o descenso con seguridade e coordinados/as como equipos. E tamén propuxeron dinámicas e xogos que fixeron máis divertida a actividade. Non faltaron os chapuzóns nas augas tranquilas e ata un tobogán feito coas propias balsas.

Fixéronse 6 quilómetros entre a ponte de Taboada e o mosteiro de Herbón nun fermoso tramo no que contemplamos os canóns do río e os bosques de ribeira inzados de carballos, salgueiros e amieiros... e no que non faltaron os rápidos, as rochas e os obstáculos que, entre nervios, moita emoción e adrenalina, deixaron en todas/as unhas inmensas ganas de repetir esta práctica deportiva noutra ocasión.



book | by Dr. Radut