Skip to Content

III Feira da Ciencia de Soutomaior

 

Como colofón a todo o programa de Divulgaciencia organizado polo Concello de Soutomaior, o 13 de maio tivo lugar a III Feira da Ciencia na alameda de Talo Río.

O alumnado do centro que estivo interesado en participar na feira contou coa axuda dos departamentos de ciencias do instituto. Como froito do traballo realizado, o alumnado estivo en 6 postos explicando con paixón as características do seu proxecto a todo aquel que se achegaba amosando interese.

Durante a mañá, o alumnado de 1º da ESO achegouse á feira a ver os postos. Para facer a visita máis didáctica o Concello organizou de novo as visitas guiadas cunha recepción e unha pequena actividade. Dende o centro esperamos que esta visita favoreza a participación da rapazada en futuras feiras que se organicen.

Finalmente, o xurado puido valorar o gran traballo feito por tódolos grupos e tivo a dificil tarefa de escoller aos máis destacados para darlles os premios.

Dende o centro queremos dar a noraboa aos agraciados e agradecer a todo o alumnado e profesorado participante. Esperamos poder contar convosco a vindeira edición.

Para visualizar as imaxes do evento pódese acceder á galería  premendo nesta ligazón.



blog | by Dr. Radut